A cegoña é un relato de Ricardo Carvalho Calero publicado en 1957 en Vida Galega, nº 729, Lugo. Foi reeditado en 1982 en A gente da Barreira e outras histórias (1984). A gente da Barreira e outras histórias. Follas Novas: Santiago. Páxs. 143-149. ISBN 84-85385-26-8 e en 1984 na Narrativa completa (1984). Narrativa completa. Ediciós do Castro. Páxs. 213-219. ISBN 84-7492-321-2. Son unhas sete páxinas.
Trama Comeza describindo o país de Erika. Erika ten sete anos, ollos azuis, pequenas trenzas louras e dous irmáns máis noviños. Ela xoga cos animais pero bota moito de menos outra irmá coa que poder xogar. Súa nai está no cuarto pechada e o pai vai buscar a señora Dorothea que xa veu cando naceu o seu irmán. O pai déitaa e dille que esa noite vai vir a cegoña. No país de Erika os nenos son cousa da cegoña, están no fondo do río durmindo e cando os pais queren un neno pídenllo á cegoña. E ata se pode escoller, se se quere unha nena tres terróns de azucre a carón dos vidros da fiestra, se se quere un neno, dous. A cegoña vén, mira o azucre e vai buscar a criatura sen que a vexan. E a nena vai á cociña coller os tres terróns, déixaos na xanela e volve durmir, pois pensa que irmá nena está encargada.
Á mañá o pai chámaos, xa hai meniño, é un neno e chámase Hans. A nena ve voar a cegoña, pero trabucouse, estará medio cega ou vella. Vai durmir e esperta mentres os pais dormen. Colle o sei irmanciño e vai cara ao río. Alí deposítao na auga para que durma ata que outros pais doutra granxa o pidan. Volve á casa e pon os tres terróns, e outros tres na outra banda por se a cegoña non ve ben. Erika ten sono e dorme feliz, todo se solucionará.
Características Na edición de 1984 sinálase:
Henrique Rabuñal comenta:
Notas
Categoría:Novelas en galego Categoría:Obras literarias de Carballo Calero Categoría:Obras literarias de 1957