Warsan Shire, nada o 1 de agosto de 1988, é unha escritora, poeta, editora e profesora británica que naceu de pais somalís en Kenya. En 2013 foi premiada co premio de poesía africana da Universidade Brunel, escollida dunha lista de seis candidatos dun total de 655 solicitantes. Os seus versos "No one leaves home unless/home is the mouth of a shark" (Ninguén deixa a casa a non ser que a casa sexa a boca dunha quenlla), do poema "Conversations about Home (at a deportation center)", son considerados unha chamada á mobilización das persoas refuxiadas e das súas defensoras.
Traxectoria Nada o 1 de agosto de 1988 en Kenya de pais somalís, migrou coa súa familia ao Reino Unido cando tiña un ano. Ten catro irmáns/irmás. Licenciouse en Artes en Escritura Creativa. Desde 2015, reside principalmente nos Ánxeles.
En 2011, publicou Teaching My Mother How To Give Birth, unha poesía reivindicativa publicada por Flipped eye. A súa colección completa foi publicada en 2016, tamén por Flipped eye.
Recitou a súa poesía en varios locais artísticos en todo o mundo, incluíndo o Reino Unido, Italia, Alemaña, América do Norte, Suráfrica e Kenya. Os seus poemas foron editados en varias publicacións literarias, incluíndo Poetry Review, Magma e Wasafiri. Ademais, os seus poemas figuran nas colección Salt Book of Younger Poets (Salt, 2011) e en Ten: The New Wave (Bloodaxe, 2014). A súa poesía tamén foi traducida a diversas linguas, entre elas ao italiano, español, portugués, sueco, danés e estoniano.
Desde 2016 está traballando na súa primeira colección de poesía completa, na que lanzou un extracto titulado Her Blue Body en 2015. Traballa como editora de poesía na revista SPOOK e imparte obradoiros de poesía globalmente e en liña con propostas catárticas e estéticas.
A súa poesía tomou relevancia na película Lemonade de Beyoncé no ano 2016. O interese de Knowles-Carter en utilizar o seu traballo xurdiu ao coñecer o poema "For Women Who Are Difficult to Love".
Influencias Utiliza, ademais da súa propia experiencia, as experiencias das persoas que ten próximas. O seu interese principal é escribir sobre e para as persoas que non teñen voz pública, por exemplo, inmigrantes e refuxiadas. Como inmigrante de primeira xeración, utilizou a súa poesía para conectar co seu país de orixe, Somalia, ao que nunca foi. Utiliza esta posición como inmigrante para transmitir as vidas destas persoas. Emprega as influencias dos seus parentes próximos e familiares e as súas experiencias para describir na súa poesía as loitas que teñen que enfrontar.
Recoñecemento Recibiu varios premios pola súa obra. En abril de 2013, foi recoñecida co Premio de poesía africana na inauguración da Universidade Brunel, un premio destinado a poetas que aínda non publicaran unha colección completa de poesía. Foi escollida entre unha lista restrinxida de seis candidatos dentro dun total de 655 candidaturas.
En outubro de 2013, foi seleccionada dunha lista de seis finalistas como a Young Poet Laureate for London. A distinción é parte do programa Spoke da London Legacy Development Corporation que ten como misión a promoción das artes e a cultura no programa Spoke da London Legacy Development Corporation, que se centra en promover as artes e a cultura no Parque Olímpico Queen Elizabeth e na súa área de influencia.
En 2014, foi escollida como poeta residente de Queensland, Australia, en colaboración co Centro Aborixe de Artes Escéncias para unha estancia de seis semanas.
En xuño de 2018 foi escollida membro da Real Society of Literature na súa iniciativa "40 Under 40".
Obra
Teaching My Mother How To Give Birth (Flipped eye, 2011), Her Blue Body (flap pamphlet series, Flipped eye, 2015), Poemas incluíndo "The Unbearable Weight of Staying", "Dear Moon", "How to Wear Your Mother's Lipstick", "Nail Technician as Palm Reader", e "For Women Who Are Difficult to Love" presentados en Lemonade: A Visual Album by Beyoncé (2016) Penguin Modern Poets 3: Your Family, Your Body en Malika Booker, Sharon Olds, Warsan Shire (Penguin, 2017).
Véxase tamén
Unless the Water is Safer than the Land
Notas
Ligazóns externas
Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Kenya Categoría:Escritores en lingua inglesa