260px|miniatura|dereita|Moeda romana dun sólido da ceca de Tesalónica coa efixie do emperador Valente Valente, nado no ano 328 e finado o 9 de agosto do 378 en Cibalae, a actual Vinkovci (Croacia), foi emperador romano de 364 a 378, despois de que o seu irmán Valentiniano I lle cedese a parte oriental do imperio.
Traxectoria Durante o seu reinado tivo que solucionar os problemas relixiosos xurdidos durante o mandato de Xuliano. Destituíu aos bispos arianos e reafirmou o Credo de Nicea. Así mesmo tivo que facer fronte á rebelión encabezada por Procopio, un parente de Xuliano por parte de nai que pretendía ter máis dereitos á sucesión deste. Durante meses de campañas en Tracia e Asia Menor, Valente conseguiu derrotar a Procopio en Thyatira (Lidia) en 366, executando ao rebelde o 27 de maio do mesmo ano.
De 366 a 369 Valente liderou unha expedición de castigo con pouco éxito contra a tribo dos tervingos que apoiaran a Procopio.
Os godos, que estaban sufrindo a invasión dos hunos desde 376, buscaron refuxio dentro das fronteiras do imperio.
Valente admitiu que se asentasen en territorio romano na rexión de Tracia a cambio de tropas, xa que estaba planeando unha campaña militar contra o imperio Sasánida.
Unha rebelión dos godos ao mando de Fritixerno deu lugar á batalla de Adrianópole, onde o exército imperial foi completamente derrotado. O mesmo emperador Valente achou a morte nesta batalla.
Do seu matrimonio con Alba Domnica naceu o ulterior cónsul Valentiniano Galates e dúas fillas, Anastasia e Carosa.
Véxase tamén
Outros artigos
Lista de emperadores romanos
Categoría:Emperadores romanos Categoría:Dinastía Valentiniana-Teodosiana Categoría:Nados en 328 Categoría:Finados en 378 Categoría:Mortos en combate