Agripina é un nome propio feminino galego. Esta forma escrita tamén é común co castelán, co éuscaro, co portugués, co romanés e co ruso. Provén do latín Agrippina, forma feminina de Agrippa, e o seu significado é "de parto difícil", por ser dado no Imperio Romano a nenos e nenas que nacían en posición podálica, cos pés por diante.

En xaneiro de 2023 existían 121 mulleres en Galicia co nome Agripina, cunha media de idade de 77 anos.Nome Agripina na Web do Instituto Galego de Estatística

Agripina noutras linguas Alemán: Agrippina Castelán: Agripina Éuscaro: Agripina Francés: Agrippine Inglés: Agrippina Italiano: Agrippina Portugués: Agripina Romanés: Agripina Ruso: Agripina

Persoas Vipsania Agripina, filla de Agripa e a primeira dona do emperador Tiberio (36 a.C. - 20 d. C.); Vipsania Marcela Agripina, filla de Agripa por parte da súa segunda dona, Claudia Marcela, e dona de Publio Quintilio Varo; Vipsania Xulia Agripina, filla de Agripa e neta de Augusto, quen a educou na súa propia casa; Agripina a Maior, nome co que se coñecía a Xulia Vipsania Agripina, esposa de Xermánico e nai do emperador Calígula (14 a. C. - 33 d. C.); Agripina a Menor, nome co que era coñecida Xulia Vipsania Agripina, filla da anterior, irmá de Calígula e nai de Nerón (15 - 59); Agripina de Mineo, mártir cristiá (f. 262).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de nomes femininos en galego Lista de nomes femininos galegos máis comúns Agrippina, ópera de George Frideric Händel. (645) Agrippina Ligazóns externas Guía de nomes galegos. Nomes femininos Real Academia Galega

Categoría:Nomes femininos de orixe latina Categoría:Nomes femininos galegos Categoría:Nomes femininos casteláns Categoría:Nomes femininos romaneses Categoría:Nomes femininos rusos Categoría:Nomes femininos vascos