Os fillos do sol (en ) é un telefilme galego-catalán de 2017 dirixido por Ramón Costafreda e Kiko Ruiz. Baséase na historia real do nacemento da farmacética Zeltia grazas á colaboración entre o científico catalán Fernando Calvet Prats, Ramón Obella Vidal, un médico e empresario santiagués, e os irmáns empresarios Xosé e Antonio Fernández.
Na 16ª edición dos Premios Mestre Mateo estivo nomeado en sete categorías, entre elas a de mellor filme, e finalmente conseguiu un só galardón á mellor maquillaxe e peiteado.
Personaxes Pablo Derqui como Fernando Calvet Prats Xosé Barato como Ramón Obella Vidal Vicky Luengo como Elena Tamar Novas como Nicolás Víctor Duplá como Xosé Fernández Xulio Abonjo como Antonio Fernández Roser Tapias como Carmela Doménech Celso Bugallo como Ramiro Clara Segura como Antonia Doménech Xabier Deive como Isidro Parga Pondal
Galardóns e nomeamentos Premios Mestre Mateo Ano Categoría Receptor Resultado16ª ediciónMellor filmeRamón Costafreda e Kiko RuizNomeadosMellor dirección de produciónAna Míguez e Albert MoreraNomeadosMellor dirección artísticaAntonio PereiraNomeadoMellor música orixinalXavi FontNomeadoMellor fotografíaXavier GilNomeadoMellor maquillaxe e peiteadoChicha Blanco Vicen Veti GañadorMellor deseño de vestiarioAlicia Dapena e Lola DapenaNomeadas
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha na web de Portocabo TV
Categoría:Filmes de 2017 Categoría:Filmes en lingua galega Categoría:Filmes en lingua catalá Categoría:Filmes en lingua castelá Categoría:Filmes de Galicia Categoría:Filmes de Cataluña