O Eusko Abendaren Ereserkia (literalmente Himno da etnia vasca en éuscaro) é o himno nacional do País Vasco, unha melodía popular e anónima que antigamente se adoitaba interpretar no comezo dos bailes como saúdo á ikurriña.

O 14 de abril de 1983 o Parlamento Vasco adoptou esta melodía, sen a letra, como himno nacional do País Vasco tentando que non tivera ningún carácter partidista. Esta adopción non estivo exenta de certa polémica ao haber un movemento númeroso de xente que apostaba pola canción de José María Iparraguirre Gernikako arbola, en galego “a árbore de Gernika”.

Esta mesma melodía foi adoptada polo primeiro Goberno Vasco de 1936 que estivo formado por PNV, PSOE, Partido Republicano, ANV e o Partido Comunista.

O Gora Ta Gora Sabino Arana compuxo un texto adaptándoo a esta melodía, xurdindo así o "Gora ta gora" (Arriba e arriba), o himno do Partido Nacionalista Vasco (PNV).

Letra do Gora ta Gora (en éuscaro) Gora ta Gora Euzkadi aintza ta aintza bere goiko Jaun Onari.

Areitz bat Bizkaian da Zar, sendo, zindo bera ta bere lagia lakua

Areitz gainean dogu gurutza deuna beti geure goi buru

Abestu gora Euzkadi aintza ta aintza bere goiko Jaun Onari

Tradución ó galego

Arriba e Arriba o País Vasco gloria e gloria ó seu bo Deus.

Hai unha árbore do carballo en Biscaia vello, forte, san el como a súa lei na árbore atopamos a cruz santa sempre o noso lema

Canta “Arriba o País Vasco” gloria e gloria ó seu bo Deus

Notas

Ligazóns externas Partitura do Himno Oficial do País Vasco Himno Oficial do País Vasco (WAV)

Categoría:Himnos nacionais Categoría:Símbolos do País Vasco