miniatura|Imaxe dunha deidade celta de tres cabezas atopada en París; orixinalmente interpretada como Mercurio, crese que representa a Lugh. miniatura|Breogán, rei mitolóxico céltico de Galicia. A mitoloxía é o conxunto de lendas e mitos que pertencen á tradición dun pobo, dunha civilización ou dunha relixión, e que explican a súa natureza, a súa historia e os seus costumes.Oxford English Dictionary, "myth, n. Oxford University Press (Oxford), 2003.
Como unha colección de historias, a mitoloxía é unha parte vital de calquera cultura. Existen varias orixes dos mitos, como a personificación da natureza, a personificación e explicación de fenómenos ou a esaxeración de feitos históricos. Malia que o termo é complexo polo seu significado implícito, o proceso de creación dunha mitoloxía non se adscribe só a prácticas primitivas, senón que abrangue tamén historias contemporáneas, lendas urbanas e os mitos ficticios creados por novelas e banda deseñada de fantasía. A mitoloxía dunha cultura colectiva axuda a xerar identidade e pertenza de grupo, compartir experiencias relixiosas, modelos de comportamento e aprender leccións de moral.
O estudo dos mitos data da antigüidade. As clasificacións dos mitos gregos de Evémero, o Fedro de Platón, e Sallustius foron desenvolvidas polos neoplatonistas e revividos polos mitógrafos do Renacemento. A mitoloxía comparada do século XIX reinterpretou o mito como unha contraparte primitiva e errada da ciencia (E. B. Tylor), a "disease of language" (Max Müller), ou unha malinterpretación do rito máxico (James Frazer).
Algunhas teorías actuais rexeitaron o conflito entre o valor do mito e do pensamento racional, vendo os mitos, máis que inexactos feitos históricos, como expresións para un entendemento xeral das verdades psicolóxicas, culturais e sociais.
Etimoloxía o termo grego mythologia está composto de dúas palabras: mythos (μῦθος), que en grego clásico significa aproximadamente ‘o discurso’, ‘palabras con actos’ (Esquilo: «ἔργῳ κοὐκέτι μύθῳ», ‘da palabra ó acto’)Esquilo, Prometeo encadenado, 1080 e, por extensión, un ‘acto de fala ritualizado’, como o dun xefe nunha asemblea, ou o dun poeta ou sacerdote ou un relato (Esquilo: «Ἀκούσει μῦθον ἐν βραχεῖ λόγῳ», ‘a historia completa que escoitarás nun breve lapso de tempo’).Esquilo, Los persas, 713 logos (λόγος), que en grego clásico significa: a expresión (oral ou escrita) dos pensamentos e tamén a habilidade dunha persoa para expresar os seus pensamentos (logos interior).
Significado e características do mito miniatura|dereita|Prometeo (1868) pintura de Gustave Moreau). O mito de Prometeo foi tratado por vez primeira por Hesíodo e posteriormente constituíu a base dunha triloxía tráxica de obras, posiblemente de Esquilo, que foron Prometeo encadeado, Prometeo desencadeado e Prometeo Pyrphoros.
O termo mitoloxía pode facer referencia á ciencia do estudo dos mitos, ou a un conxunto de mitos. O termo "mito" acotío se emprega coloquialmente para facer referencia a unha historia falsa,Armstrong, p. 7Eliade, Myth and Reality, p. 1 mais o uso académico do termo xeral non emite ningún xuízo sobre a súa veracidade ou falsidade.Dundes, Introduction, p. 1 No estudo do folclore, un mito é unha narración sagrada que explica como funciona o mundo e como a humanidade chegou a ser como é no presente.Dundes, "Binary", p. 45Dundes, "Madness", p. 147 Moitos especialistas doutras disciplinas do saber humano empregan o termo «mito» de diferentes xeitos.Doty, p. 11-12Segal, p. 5 Nun senso moi amplo, a verba pode referirse a calquera historia tradicional.Kirk, "Defining", p. 57; Kirk, Myth, p. 74; Simpson, p. 3
As personaxes principais nos mitos adoitan ser deuses ou heroes sobrenaturais.Bascom, p. 9"myths", A Dictionary of English FolkloreO'Flaherty, p.19: "I think it can be well argued as a matter of principle that, just as 'biography is about chaps', so mythology is about gods." Coma as historias sagradas, os mitos adoitan ser aprobados polos gobernantes e os sacerdotes, e estreitamente vinculados coa relixión. Na sociedade na que pervive o mito, é xeralmente considerado como un relato verdadeiro do mundo pasado remoto.Eliade, Myths, Dreams and Mysteries, p. 23Pettazzoni, p. 102 De feito, moitas sociedades teñen dúas categorías da narrativa tradicional: as "historias verdadeiras" ou mitos, e as "historias falsas" ou fábulas.Eliade, Myth and Reality, p. 10-11; Pettazzoni, p. 99-101 Os mitos acostuman ter lugar nunha época máis primitiva, cando o mundo non conseguira aínda a súa forma actual, e serven para explicar como o mundo adoptou a súa forma actual,Eliade, Myth and Reality, p. 6 e como se estabeleceron as institucións e os tabús.
As funcións do mito miniatura|Manuscrito ilustrado da batalla de Kurukshetra, episodio da epopea hindú Mahabharata. Mircea Eliade argumentou que unha das funcións máis importantes do mito é a de estabelecer modelos de comportamento,Eliade, Myth and Reality, p. 8Honko, p. 51 xa que os mitos tamén poden proporcionar unha experiencia relixiosa. Cando se contan ou recrean mitos, os membros das sociedades tradicionais despréndense do presente e volven á idade mítica; deste xeito achéganse ás divindades.Eliade, Myth and Reality, p. 19
Larui Honk afirma que, nalgúns casos, nunha sociedade recréase un mito nun intento de reproducir as condicións da época primitiva. Por exemplo, recréase a curación realizada por un deus no comezo dos tempos co obxectivo de curar a alguén no presente.Honko, p. 49 Desta forma, Roland Barthes afirma que a cultura moderna explora a experiencia relixiosa. Xa que non é unha tarefa da ciencia ter que definir a moralidade humana, unha experiencia relixiosa é un intento de conectar coa percepción dun pasado moral, que está en contraste co presente tecnolóxico.Roland Barthes, Mythologies
Joseph Campbell define nos mitos catro funcións básicas: a función mística, que experimentou a sorpresa do universo; a función cosmolóxica, que explica a forma do universo; a función sociolóxica, que representa o apoio e a validación dunha determinada orde social; e, para rematar, a función pedagóxica, de como vivir unha vida humana en calquera circunstancia.Campbell, p. 22-23
Mitoloxía e relixión A mitoloxía aparece de forma prominente na maioría das relixións e do mesmo xeito a maioría das mitoloxías están relacionadas con polo menos unha relixión. O vocábulo adoita empregarse neste sentido para referirse ás relixións fundadas por sociedades antigas, como as mitoloxías grega, romana e escandinava. Non obstante, cómpre lembrar que mentres hai quen ve os panteóns escandinavo e celta como simples fábulas, outros considéranas relixións. Do mesmo xeito, iso tamén sucede ao analizar as mitoloxías dos pobos indíxenas, en que se poden observar casos en que aínda se profesan as relixións nativas.
En xeral, moitas persoas non consideran que os relatos que rodean a orixe e o desenvolvemento de relixións como o cristianismo, o xudaísmo e o islam, como crónicas literais de feitos, senón como representacións figurativas ou simbólicas dos seus sistemas de valores. Aínda así, moitas persoas, entre elas ateos, agnósticos ou crentes dalgunhas desas mesmas relixións, empregan as palabras mito e mitoloxía para caracterizar como falsas, ou polo menos como dubidosas, as historias que aparecen nunha ou máis relixións, ou ás relixións diferentes ás do crente. Deste xeito, quen pertence á maioría das relixións existentes na actualidade oféndese cando se considera a súa fe como un conxunto de mitos, xa que para eles iso equivale a dicir que a súa relixión é unha mentira, o que vai en contra das súas crenzas. Exemplo diso ocorre en moitos grupos cristiáns en relación cos relatos da Biblia, en que os seus crentes non consideran, en xeral, que sexan mitolóxicas algunhas das súas historias, e que só se emprega esta palabra para referirse a elas nun sentido pexorativo.
Porén, a maioría da xente está de acordo con que cada relixión ten un conxunto de mitos que se desenvolveu arredor das súas escrituras relixiosas, xa que en si a palabra mito se refire a feitos que non son posibles de ser verificados de xeito obxectivo. Deste modo, igualmente se considera que se pode falar de mitoloxía xudía, mitoloxía cristiá ou mitoloxía islámica, para referirse aos elementos míticos que existen nestas crenzas; sen falar da veracidade dos principios da fe ou das versións da súa historia, pois a crenza da súa relixión como algo verdadeiro compete á fe e ás crenzas de cada quen e non do estudo dos mitos.
Exemplo diso son os sacerdotes e rabinos actuais dentro dos movementos xudeus e cristiáns máis liberais, ademais dos neopagáns, que non teñen problemas en admitir que os seus textos relixiosos conteñen mitos. Así, ven os seus textos sagrados como verdades relixiosas, reveladas por inspiración divina, mais mostradas na linguaxe do xénero humano. Aínda así, como sucede en todos os ámbitos, outros, polo contrario, non están de acordo con iso.
Mitoloxía moderna non relixiosa Aínda que normalmente moita xente relaciona a mitoloxía con culturas antigas ou relixións non sempre é así. Por exemplo, series de televisión, libros e bandas deseñadas e xogos de rol entre outros, que logran formar un universo ficticio propio; adquiren compoñentes mitolóxicos moi importantes que mesmo ás veces poden chegar a dar lugar a complicados e fondos sistemas filosóficos. Un exemplo deste tipo de mitoloxía é a desenvolvida por J. R. R. Tolkien nos seus libros O Silmarillion e O Señor dos Aneis, entre outros escritos, que el denominou legendarium, ou os mitos de Cthulhu, que xurdiron da unificación das novelas de H. P. Lovecraft e do seu círculo. Estes últimos explican todo o universo partindo dunha física descoñecida, xa que supón que os nosos coñecementos do universo e das crenzas teñen premisas erróneas, e á non existencia de Deus, onde criaturas de alén da comprensión humana habitan o universo dende o principio dos tempos. Segundo isto, a humanidade é unha simple mota de po sen importancia para eles. Para nós son como deuses, denominados primixenios, e os máis poderosos de entre eles, deuses exteriores e deuses arquetípicos.
Outros exemplos que se poden mencionar son os mundos ficticios creados polas novelas de Dragonlance, a serie Star Trek, os filmes de Star Wars, o o manga Saint Seiya.
Algúns críticos opinan que polo feito de que as personaxes principais e os ciclos de historias das narracións modernas non sexan de dominio público, as leis sobre dereitos de autor impiden aos autores independentes continuar ciclos de historias modernas, evitando que devanditas sagas de personaxes compartan algunhas das características esenciais das mitoloxías, polo menos ata que se cumpra o prazo dos dereitos de autor e pasen a ser de dominio público. A pesar diso, os propietarios dos dereitos de autor en ocasións continúan as historias con outros autores, como é o caso de personaxes como Tarzán e as novelas de Conan o bárbaro (orixinarias de Robert E. Howard) de L. Sprague de Camp, ou as bandas deseñadas de superheroes, a maioría das cales con docenas de autores.
Interpretacións Século XIX Durante o século XIX as interpretacións da mitoloxía máis importantes foron: Historicismo: os mitos considéranse historias reais modificadas e alteradas polo paso do tempo. Mito como feito histórico que finalmente deu lugar a historias urbanas. Así, Schliemann, descubriu Troia, porque pensaba que os poemas homéricos eran verídicos, así como as cidades que se nomeaban. Por outra banda, autores como Gilbert Pilot, Víctor Berard e máis tarde Fernando Jaume Saura estableceron a ruta real que se narraba na Odisea, desde Troia ata Ítaca. Alegorismo: o mito como forma de expresar conceptos e realidades de forma poética. Esta teoría foi herdada polo renacemento. A que tivo máis relevancia foi a alegoría natural; esta fai referencia á loita entre os deuses dos fenómenos da natureza.