miniatura|230x230px|A bandeira do arco da vella, que representa á comunidade LGBT. LGBT, ou LGTB, é o acrónimo de "Lesbianas, Gais, Bisexuais e Trans"."Trans" pode refírese tanto ás persoas transexuais como ás persoas transxénero e travestís. O termo agrupa ás persoas coas orientacións sexuais e identidades de xénero relativas a estas catro verbas, mais tamén pode chegar a referirse a calquera persoa que non sexa heterosexual, heterorromántica ou cisxénero. Existen outras variantes, coma LGBTQ, que engade unha nova letra para as persoas que se identifican coma queer,Queer pode ser tamén un sinónimo de LGBT. ou que están cuestionando a súa identidade sexual ou de xénero, mentres que, LGBTA e LGBTI, por exemplo, engaden outra diferente para representar ás persoas asexuais e intersexuais, respectivamente. Esta tendencia a engadir letras para incluír novas comunidades e disidencias deu lugar ao emprego do signo da suma, converténdose así en LGBT+.
A expresión tivo a súa orixe na lingua inglesa nos anos noventa, mais estas iniciais coinciden en varias falas, entre elas a galega. O termo é o resultado dunha evolución na que se lle foron engadindo letras co fin de incluír a diversas comunidades discriminadas pola súa identidade sexual. Nun principio, empregábase a expresión «homosexual» ou «gai», mais algunhas organizacións de persoas bisexuais e lesbianas cuestionárona como insuficiente, dando paso á creación da sigla «LGB». Logo de que as persoas transexuais fixeran unha crítica semellante, engadíuselle a letra «T», creando así o termo «LGBT». A orde das letras pode variar segundo o uso de cada comunidade ou de cada país.
Significado dos termos Cada termo da sigla refírese a un grupo específico: lesbianas (mulleres homosexuais), gais (homes homosexuais), bisexuais (persoas senten atraídas por persoas de ambos os dous sexos indistintamente) e transexuais (persoas que senten pertencer ao sexo oposto ao que naceron).
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Diversidade sexual Homosexualidade Día Internacional do Orgullo LGTB
Categoría:LGBTIQ+