Lucinda Mamani Choque é unha mestra boliviana aimará que en 2016 foi finalista ao Premio Global ao Ensino. Dá clases na escola de Calería, unha comunidade indíxena aimará a 70 quilómetros da capital de Bolivia, A Paz.

Traxectoria Mamani naceu nunha pequena comunidade á beira do lago Titicaca, pero a súa familia desprazouse a El Alto na procura dun futuro mellor. Aínda que inicialmente quería ser enfermeira, acabou por inscribirse na Escola Superior de Formación de Mestres Warisata, a primeira universidade indíxena rural de Bolivia.

Os estudantes da escola na que ensina Lucinda proveñen de familias labregas, indíxenas e con poucos recursos. Nela decatouse da enorme desigualdade e discriminación cara ás mulleres no eido educativo, polo que comezou a traballar a prol da igualdade de xénero entre os estudantes e na sociedade. Deseñou materiais para poñer en valor o rol da muller na cosmovisión indíxene por medio de teatro, programas de radio ou publicacións. Tamén impartiu obradoiros e charlas sobre os dereitos das mulleres, incluíndo en todas as materias a temática das mulleres, a violencia e a igualdade de xénero.

Recoñecementos Premio de excelencia educativa (2014), outorgado pola Fundación para a Integración e Desenvolvemento de América Latina. Finalista no Premio Global ao Ensino (2016).

Notas

Categoría:Nados en Bolivia Categoría:Profesores