Stanley Schachter, nado en Flushing, Queens, o 15 de abril de 1922 e finado en East Hampton, Nova York, o 7 de xuño de 1997, foi un psicólogo social estadounidense, coñecido polo seu desenvolvemento da teoría dos dous factores da emoción en 1962 xunto con Jerome E. Singer. Na súa teoría, afirma que as emocións teñen dous ingredientes, excitación fisiolóxica e unha etiqueta cognitiva. A experiencia dunha persoa dunha emoción xorde da conciencia da excitación física do corpo e da explicación que un asocia a esa excitación. Schachter tamén estudou e publicou obras sobre temas como a obesidade, as dinámicas de grupo, a orde de nacemento e sobre fumar. Unha investigación de Review of General Psychology, publicada en 2002, clasificou a Schachter como o sétimo psicólogo máis citado do século XX.
Teorías Emoción Schachter, xunto con Jerome Singer, destacou coa teoría dos dous factores da emoción. Esta teoría porpón que a emoción se basea en dous factores, etiquetas cognitivas e excitación fisiolóxica. Tamén propoñen dúas condicións que poden ocorrer cando unha persoa está nun estado de excitación: cando hai unha explicación e cando o individuo non ten explicación para o seu estado. Baixo a primeira condición, un individuo empregará dita explicación, e todo estará ben. Na segunda condición, o individuo etiquetará a súa excitación baseada en estímulos externos e internos.Schachter, S., & Singer, J. E. (1962). Cognitive, Social, and Physiological Determinants of Emotional State. Psychological Review, 378-399. Unha importante parte desta teoría é a misattribution of arousal. Se o cerebro non está seguro de por que sente unha emoción, empregará estímulos externos como pista para etiquetar as emocións que está a sentir.
Obesidade Schachter propón que os individuos obesos son hipersensíbeis aos estímulos externos, tanto relacionados como non coa comida. Schachter descubriu que numerosos factores levan a diferentes respostas entre individuos obesos e os que non o son. Os individuos obesos comerán máis que os non obesos cando a comida é fácil de conseguir, mais comerán menos que os non obesos cando é máis complicada obtela.Schachter, S. (1971). Some Extraordinary Facts About Obese Humans and Rats. American Psychologist, 129-144.
Publicacións Schachter, S (1950), con L. Festinger e K. Back. Social Pressures in Informal Groups. Nova York: Harpers. Schachter, S (1956), con L. Festinger e H. Riecken. When Prophecy Fails. Minneapolis: University of Minnesota Press. Schachter, S (1959). The Psychology of Affiliation. Stanford: Stanford University Press. Schachter, S (1971). Emotion, Obesity and Crime. Nova York: Academic. Schachter, S e Rodin, J. (1974). Obese Humans and Rats. Hillsdale, NJ.: Erlbaum.
Notas
Véxase tamén Bibliografía Grunberg, N. E., Nisbett, R. E., Rodin, J., e Singer, J. E. (1987). A Distinctive Approach to Psychological Research: The Influence of Stanley Schachter. Hillsdale, N.J.: Lawrence Erlbaum Associates. G. Lindzey (ed.) A History of Psychology in Autobiography, Vol. VIII (1989). Stanford: Stanford University Press.
Ligazóns externas Stanley Schachter Dies at 75; Psychologist of the Mundane, 11 de xuño de 1997 Behavior: The Chemistry of Smoking, 21 de febreiro de 1977 Stanley Schachter, Psychologist, 75 Schachter, Columbia University Record By Bob Nelson
Categoría:Nados en Queens Categoría:Nados en 1922 Categoría:Finados en 1997 Categoría:Psicólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Alumnos da Universidade Yale Categoría:Alumnos da Universidade Columbia