Per Petterson, nado o 18 de xullo de 1952 en Oslo, é un escritor noruegués.

Traxectoria O seu primeiro libro foi Aske i munnen, sand i skoa (1987), unha colección de relatos curtos. Dende entón, publicou varias novelas con boa acollida crítica. Til Sibir (1996), ambientada na segunda guerra mundial, foi publicada en 1996 e ficou nomeada para o Premio de Literatura do Consello Nórdico. Em kjølvannet (2002) é o relato dun mozo que perdeu a súa familia no naufraxio do Scandinavian Star en 1990 (Petterson perdeu a súa nai, pai, irmán máis novo e mais a súa sobriña no desastre). Este traballo gañou o Premio Brage 2000. A súa novela Jeg forbanner tidens elv (2008) gañou o Premio de Literatura do Consello Nórdico, un ano despois da súa aparición.

Antes diso, porén, publicara Ut og hester stjæle (2003), unha novela que gañou dous dos principais premios literarios de Noruega, o de crítica e mais o de libreiros ao mellor libro do ano.

Traballou como dependente dunha librería, tradutor e crítico literario antes de converterse en escritor a tempo completo. Cita como influencia a Knut Hamsun e Raymond Carver.

As obras de Petterson foron traducidas a case cincuenta linguas.

Novelas 1987 – Aske i munnen, sand i skoa 1989 – Ekkoland 1992 – Det er greit for meg 1996 – Til Sibir 2000 – I kjølvannet 2003 – Ut og stjæle hester 2004 – Månen over Porten 2009 – Jeg forbanner tidens elv 2012 – Jeg nekter

Notas

Categoría:Escritores de Noruega Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Oslo Categoría:Escritores en lingua norueguesa