miniatura|Retrato de Filipa de Heinaut. Filipa de Hainaut, nada en Valenciennes aproximadamente en 1314 e finada o 15 de agosto de 1369, foi a raíña consorte de Eduardo III de Inglaterra.
Traxectoria Naceu en Valenciennes (daquela condado de Hainaut, hoxe Francia) filla do conde de Hainaut Guillerme I e de Xoana de Valois, neta de Filipe III de Francia.
Casou con Eduardo o 24 de xaneiro de 1328, once anos antes da súa ascensión ao trono. A diferenza de moitas predecesoras entre as raíñas consortes inglesas, non causou molestias na corte introducindo costumes estranxeiros.
Filipa acompañou a Eduardo nas súas expedicións a Escocia (1333) e a Flandres (1338-40), onde recibiu o recoñecemento pola súa bondade e compaixón. É recordada pola historia como unha muller benévola, que persuadiu ao seu marido a perdoar os burgueses de Calais (1346) cando tiñan que ser executados de xeito exemplar.
Exerceu como rexente en varias ocasións mentres o seu marido estaba no continente.
O 15 de agosto de 1369 Filipa morreu de enfermidade no castelo de Windsor, aos 55 anos e foi enterrada na abadía de Westminster.
Descendentes Filipa e Eduardo tiveron 14 fillos, dos cales chegaron a adultos (Filipa sobreviviu a 9 dos 14 nenos). A súa descendencia desempeñaría un papel importante no desenvolvemento das futuras guerras civís inglesas, que se habían coñecer como a Guerra das Dúas Rosas.
Eduardo o Príncipe Negro (1330-76). Isabel de Inglaterra (1332-1379). Xoana de Inglaterra (1334-1348). Leonel de Antuerpen, primeiro duque de Clarence (1338-68). Xoán de Gante, primeiro ducado de Lancasterduque de Lancaster (1340-99). Edmundo de Langley, primeiro duque de York (1341-1402). María Plantagenet (1344-1362). Margarida Plantagenet (1346-1361). Tomé de Woodstock, primeiro duque de Gloucester (1355-97).
Tres fillos máis e dúas fillas morreron na infancia.
Categoría:Cabaleiros da Orde da Xarreteira Categoría:Nados en Valenciennes Categoría:Nados en 1314 Categoría:Finados en 1369