Fernando Abril Martorell, nado en Valencia o 31 de agosto de 1936 e finado en Madrid o 16 de febreiro de 1998, foi un político e executivo español.

Traxectoria Estudou Enxeñería Eléctrica e Ciencias Políticas en Madrid. En 1969 foi nomeado presidente da Deputación Provincial de Segovia. Foi director técnico do FORPPA (1971-1972), director xeral de Produción Agraria (1972-1974).

Carreira política e procurador en Cortes de 1967 a 1971 e de 1971 a 1977.

Home de confianza de Adolfo Suárez, ó acceder á Presidencia de Goberno nomeouno Ministro de Agricultura (1976-1977). Senador por designación real (1977-1979), foi un dos fundadores da UCD, forza pola que foi elixido deputado por Valencia (1979-1982) e presidente rexional da UCD de Valencia.

Foi Vicepresidente Terceiro do Goberno (1977-1978), Ministro de Economía (1978-1979) e Vicepresidente Segundo do Goberno (1978-1980).

Participou nos traballos de elaboración do estatuto de autonomía valenciano e unha vez aprobado, a partir de 1982, deixou a política e dedicouse ó mundo empresarial.

Carreira empresarial Foi presidente da Unión Naval de Levante dende 1983 a 1998; vicepresidente do Banco Central e, posteriormente, do Banco Central Hispano (1991).

Foi autor, en 1993, do Informe Abril que lle encargou Felipe González para avaliar o sistema sanitario español.

Morreu en Madrid dun cancro de pulmón.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha no Congreso.

Abril Martorell Categoría:Senadores de España por designación real Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados pola UCD Categoría:Nados en 1936 Categoría:Nados en Valencia Categoría:Finados en 1998 Categoría:Políticos de UCD Categoría:Finados por cancro de pulmón Categoría:Procuradores en Cortes Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (I Lexislatura)