Elba Pedrosa Rodríguez, nada en Santa Cruz de Tenerife en 1973, é unha escritora galega en galego e castelán.

Traxectoria É licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Traballou como consultora e formadora en creatividade e oratoria para institucións públicas e privadas. Colaborou coa Fundación Botín a través do programa Educación Responsable, como formadora de docentes en Creatividades (Galicia). Ademais impartiu formación ao profesorado desde o CAFI (Centro autonómico de formación e innovación de Galicia).

Colabora con distintos medios de comunicación. É tamén actriz, bailarina, presentadora de televisión e xornalista. Participou na serie TV El punto frío. Participou na Dirección Creativa de compañías de publicidade e comunicación durante máis de 15 anos.

Obra En galego O que non sabías (2020). Xerais. 160 páxs. ISBN 978-84-9121-652-0. ePub: ISBN 978-84-9121-657-5. Agora que cala a noite (2022). Aira Editorial. 157 páxs. EAN 9788412559347. DES A MAR ultrasónico (2024). Ediciones Embora. 32 páxs. ISBN 978-84-19853-03-5.

Libros colectivos Relatos na Rúa II (2015). Editorial Elvira. 240 páxs. ISBN 978-84-943145-5-1. Son vinte e sete textos seleccionados no Segundo Certame de relatos Vigo Histórico.

En castelán Despertando la creatividad. Un desafío para tu bella durmiente (2018). Editorial Profit. 128 páxs. ISBN 978-8416904921. Lo que no sabías (2020). Ed. Carena. 174 páxs. ISBN 9788417852313.

Premios Premio Mellor Poesía de Galicia 2024 Aritmar por "Onde imos agora?"

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Otero, Selina. "Elba Pedrosa: La creatividad es necesaria en el día a día y en muchas personas está dormida" Faro de Vigo. 18/11/2018 Páxina persoal en Nobok Creativity Premio Mellor Poesiía de Galicia 2024 Aritmar. https://aritmar.gal/elba-pedrosa-vence-o-premio-aritmar-a-mellor-poesia-do-ano-2024-na-galiza-co-seu-poema-onde-imos-agora/

Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en 1973 Categoría:Alumnos da Universidade Complutense de Madrid