Historia dunha monxa (en ) é un filme estadounidense de 1959 dirixido por Fred Zinnemann e protagonizado por Audrey Hepburn, Peter Finch, Edith Evans e Peggy Ashcroft. O guión foi escrito por Robert Anderson, baseado na popular novela The Nun's Story de 1956 escrita por Kathryn Hulme. O filme é unha adaptación relativamente fiel da novela, inspirada na vida da monxa belga Marie Louise Habets. Algunhas escenas do filme foron rodadas en localizacións do Congo Belga e teñen a Finch interpretando un cínico mais coidadoso cirurxián.

Foi estreada en galego pola Televisión de Galicia o 28 de decembro de 2002.La Voz de Galicia, 28 de decembro de 2002, páxina 58

Argumento Gabrielle "Gaby" Van Der Mal (Audrey Hepburn), cuxo pai Hubert (Dean Jagger) é un destacado cirurxián belga, entra nun convento como de monxas enfermeiras a finais da década de 1920, esperando servir no Congo Belga. Tras recibir o nome relixioso de irmá Luke, sofre o seu período como postulante e o seu noviciado que presaxian as súas futuras dificultades co voto de obediencia. Toma os seus primeiros votos e é enviada a unha escola de medicina tropical.

Personaxes

Audrey Hepburn como Irmá Luke (Gabrielle "Gaby" Van Der Mal) Peter Finch como Dr. Fortunati Edith Evans como Rev. Nai Emmanuel Peggy Ashcroft como Nai Mathilde Dean Jagger como Dr. Hubert Van Der Mal Mildred Dunnock como Irmá Margharita Beatrice Straight como Nai Christophe Patricia Collinge como Irmá William Rosalie Crutchley como Irmá Eleanor Ruth White como Nai Marcella Barbara O'Neil como Nai Didyma Margaret Phillips como Irmá Pauline Patricia Bosworth como Simone Colleen Dewhurst como "Archangel Gabriel" Stephen Murray como Chaplain (Pai Andre) Lionel Jeffries como Dr. Goovaerts Niall MacGinnis como Pai Vermeuhlen Eva Kotthaus como Irmá Marie Molly Urquhart como Irmá Augustine Dorothy Alison como Irmá Aurelie Richard O'Sullivan como Pierre Van Der Mal Jeanette Sterke como Louise Van Der Mal Errol John como Illunga Orlando Martins como Kalulu

Notas

Categoría:Filmes de 1959 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Fred Zinnemann Categoría:Filmes de Warner Bros. Categoría:Filmes sobre enfermidades Categoría:Filmes sobre cristianismo Categoría:Filmes rodados en Bruxas‎ Categoría:Filmes rodados en Roma Categoría:Filmes ambientados en 1930 Categoría:Filmes ambientados en Bélxica Categoría:Filmes gañadores da Cuncha de Ouro Categoría:Filmes de 1959 con versión en galego