O lago Peipus (en ; en ) é un gran lago situado na fronteira entre Estonia e Rusia. É o quinto lago máis grande de Europa.

Cobre unha superficie de 3500 km² e ten unha profundidade media de 7 m, situándose o punto máis fondo a 15 m. Russian lakes with area of more than 350 km². (GIF table). Consultado o 21 de xaneiro de 2012. O lago emprégase para a pesca e as actividades recreativas, se ben sofre graves detorioracións ambientais por mor dos complexos industriais rusos situados na súa beira.

Descrición O lago Peipus é o remanente dun corpo de auga que existiu na área durante a era glacial.

O lago ten varias illas e consiste en tres partes: Lago Peipsi / Chudskoye (en , en ), parte norte, cunha área de 2611 km² (73%) Lago Pihkva / Pskovskoye (en , en ), parte meridional, con 708 km² (20%) Lago Lämmi / Tyoploye (, en ), estreito que conecta ambas as dúas partes, con 236 km² (7%)

Historia En 1242, a parte sur do lago Peipus foi o escenario dunha importante batalla en que os cabaleiros teutóns foron derrotados polas tropas rusas de Novgorod lideradas por Aleksandr Nevskii. A batalla tamén destaca porque tivo lugar principalmente sobre a superficie xeada do lago, polo que tamén foi coñecida como batalla sobre o xeo.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas 360° aerial panorama of Peipus and Piirissaar Peipsi Infokeskus Estonian tourist information website Settlements in the vicinity of Lake Peipsi Estonica

Categoría:Lagos de Estonia Categoría:Lagos de Rusia