260px|miniatura|O Río Belelle ó seu paso por Neda. O río Belelle é un curso fluvial da provincia da Coruña, que transcorre polos concellos da Capela, Cabanas, Fene e Neda ao longo de 31,4 km. . Dá acobillo a distintas zonas de grande riqueza paisaxística e ecolóxica. É coñecido pola súa fervenza (fervenza do río Belelle), e tamén pola súa idoneidade para a pesca da troita.
Etimoloxía A súa etimoloxía é de orixe claramente indoeuropea, podendo vir o nome, tanto do deus celta solar Belenos, facendo referencia á claridade das súas augas, ou tamén podería vir da palabra latina "uilla", que fai referencia a un asentamento agrícola nos arredores.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén Outros artigos Fervenza do río Belelle
Ligazóns externas Lugares de interese no río Belelle en Google Maps
Belelle Río Belelle