A afirmación é, xunto coa negación e a dúbida, unha das tres modalidades da enunciación oracional tradicionalmente consideradas.
Calquera enunciado sen marca ningunha de modalidade é de seu afirmativo. Agora ben, é posible salientar mediante marcas o carácter afirmativo: Si, heicho traer.
A afirmación serve frecuentemente para responder secuencias interrogativas. A resposta afirmativa absoluta considerada máis tradicional en galego é a que consiste na repetición do verbo: -¿Fostes a cas de Bruno? -Fomos
Outras posibles respostas a esa pregunta serían: -Fomos, si -Si, ho -Abofé que si -Xaora -Efectivamente
Véxase tamén Modalidades da enunciación oracional
Categoría:Lingüística