Luiz Alfredo Garcia-Roza, nado no Río de Xaneiro o 16 de setembro de 1936 e finado no mesmo lugar o 16 de abril de 2020, foi un escritor e psicanalista brasileiro, casado coa psicanalista e tamén escritora Livia Garcia-Roza.
Biografía Fillo dunha familia de 12 irmáns, criouse no barrio de Copacabana. Fixo os estudos primarios na capital fluminense e na cidade de Vitória (Espírito Santo), para onde os pais se trasladaron temporalmente. De volta ao Río de Xaneiro, serve, aos 18 anos, no exército. Estuda na Universidade Federal do Río de Xaneiro (UFRJ),licenciándose en filosofía e psicoloxía.
Estreouse na literatura de ficción en 1996, aos 60 anos de idade, coa obra O Silêncio da Chuva, que lle rendeu en 1997 un dos principais premios literarios do Brasil, o Jabuti, na categoría novela. Antes diso, foi profesor universitario e autor de libros e artigos sobre psicanálise.
En 2006, recibiu o título de profesor emérito da Universidade Federal do Río de Xaneiro no Fórum de Ciencia e Cultura.
As súas historias pasan, basicamente, na cidade do Río de Xaneiro, entre Copacabana e o barrio Peixoto. Neste reside o personaxe recorrente dos seus libros, o delegado Espinosa, cuxa delegación se localiza en Copacabana. A galería de personaxes conta aínda co mozo investigador Welber, brazo-dereito de Espinosa e tan incorruptível canto o delegado. A única novela do autor en que o delegado non aparece é Berenice Procura, de 2005.
As súas historias, aínda que ambientadas no Río de Xaneiro, foxen do estereotipo ao presentar casos moito máis relacionados con dramas persoais mal-resoltos do que aos temas recorrentes do narcotráfico e da venda de armas. O interior de cada personaxe é bastante explotado, sen, con todo, esquecer as descricións dun Río de Xaneiro moi particular, a cidade vista polo heterodoxo policial Espinosa.
Ocupa un lugar destacado no literatura de xénero de investigación policial.
Morte O escritor faleceu na cidade do Río de Xaneiro, o 16 de abril de 2020.
Adaptacións
Cinema O primeiro libro en recibir adaptación para o cinema foi Achados e Perdidos, en 2006, dirixido por José Joffily e protagonizado por Antônio Fagundes. En 2007, o guionista Paulo Halm gañou o Premio ABL de Cinema, polo mellor guión adaptado.
Outro libro que recibiu adaptación foi Berenice Procura. O filme foi destacado na Mostra Internacional de Cinema de São Paulo, no Festival Mix Brasil e no Festival do Río en 2017, alén de percorrer algúns países a través do Festival Brasileiro de París, do 34º Chicago Latino Film Festival, da 9ª Edición do Festival de Cinema Cidade do Luxemburgo e do Festival Internacional de Cinema Brasileiro en Milán. Tivo dirección de Allan Fiterman e foi protagonizado por Cláudia Abreu, Caio Manhente e a modelo Valentina Sampaio.
En 2018, foi anunciada a adaptación do libro O Silêncio da Chuva para o cinema, con dirección de Daniel Filho e guión de Lusa Silvestre "Estômago", "O Roubo da Taça" e "A Glória e a Graça"). O filme tería como protagonista o actor Lázaro Ramos, interpretando o detective Espinosa e debería ser lanzado en 2019. +AnoTítuloDirector2006Achados e PerdidosJosé Joffily2018Berenice ProcuraAllan Fiterman2019O Silêncio da ChuvaDaniel Filho O día 15 de outubro de 2015, estreou na canle GNT a serie Novela Policial - Espinosa, unha serie televisiva baseada na novela Uma Janela Em Copacabana. Con dirección de José Henrique Fonseca e tendo como protagonista o actor Domingos Montagner, a serie contou con oito capítulos semanais. +AnoTítuloDirector2015Novela Policial - EspinosaJosé Henrique Fonseca
Obras
Novelas
O silêncio da chuva (1996) .São Paulo: Companhia das Letras. Achados e perdidos (1998). São Paulo: Companhia das Letras. Vento sudoeste (1999). São Paulo: Companhia das Letras. Uma janela em Copacabana (2001). São Paulo: Companhia das Letras. Perseguido (2004). São Paulo: Companhia das Letras. Berenice procura (2005). São Paulo: Companhia das Letras. Espinosa sem saída (2006). São Paulo: Companhia das Letras. Na multidão (2007). São Paulo: Companhia das Letras. Céu de origamis (2009). São Paulo: Companhia das Letras. Fantasma (2012). São Paulo: Companhia das Letras. Um lugar perigoso (2014). São Paulo: Companhia das Letras. A última mulher (2019). São Paulo: Companhia das Letras.
Non-ficción
Acaso e repetição em psicanálise (1986). Río de Xaneiro: Zahar. Freud e o inconsciente (1987). Río de Xaneiro: Zahar. Palavra e verdade (1990). Río de Xaneiro: Zaha. O mal radical em Freud. (1990). Río de Xaneiro: Zahar. Introdução à metapsicologia freudiana 1 (1991). Río de Xaneiro: Zahar. Introdução à metapsicologia freudiana 2 (1993). Río de Xaneiro: Zahar. Introdução à metapsicologia freudiana 3 (1995). Río de Xaneiro: Zahar. Afasias (2014). Río de Xaneiro: Zahar,.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Compañía das Letras Novela Policial – Espinosa - GNT Zahar
Categoría:Nados no Río de Xaneiro Categoría:Finados en 2020 Categoría:Nados en 1936 Categoría:Escritores do Brasil Categoría:Escritores en lingua portuguesa