La Democracia foi un xornal fundado por Emilio Castelar e editado en Madrid entre 1864 e 1866, durante o reinado de Isabel II.

Traxectoria Fundado en 1863, o primeiro número apareceu o 1 de xaneiro de 1864, editábase en Madrid, primeiramente na imprenta de Minuesa, e despois cambiou á Imprenta Universal.Hartzenbusch (1894), p. 220 Estaba dirixido por Emilio Castelar, e mantivo fortes polémicas co xornal La Discusión; tamén criticou arreo a raíña Isabel II como no artigo de 1865 que provocou a súa expulsión da UniversidadeRosenblatt (1972), p. 183 e que motivou as protestas estudantís que ocasionaron a denominada Noite de san Daniel. Segundo Joseph A. Brandt, opúñase tanto á monarquía como ao socialismo.Rosenblatt (1972), p. 200

A súa publicación estivo suspendida por causas políticas desde o 13 de xaneiro até o 18 de marzo de 1866, e cesou definitivamente o 21 de xuño de 1866.

Entre os seus redactores atopáronse persoas como Eusebio Blasco, Roque Barcia Martí, José María Carrascón, Rafael Coronel e Ortiz, José Fernando González, Manuel Grajales, José Güell i Mercader, José Martínez Soler, José María Ourense, Pedro Pruneda, Javier de Ramírez, Antonio Ramos Calderón, Francisco Rodríguez García, Julián Sánchez Ruano, Juan Uña, Antonio del Val i Ripoll, e, posiblemente, Francisco Salmerón e Alonso e Salvador Saulate.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Outros artigos Noite de San Daniel

Categoría:Xornais en lingua castelá Categoría:Xornais de España desaparecidos