miniatura|250px|Barbas ou baleas da balea alibranca (esquerda) e da balea azul (dereita).

Os animais consumidores de alimentos sólidos divídense en micrófagos e macrófagos segundo o tamaño das partículas dós alimentos inxeridos en relación ao seu propio tamaño.

Etimoloxía Os termos micrófago, e o seu derivado microfaxia, "cualidade do micrófago", están formados polos elementos micro- e -fago e -faxia, dericados do grego antigo μικρός mikrós, "pequeno" e do elemenro -φαγία -phagía, derivado do verbo φαγεῖν phageîn, "comer".

Animais micrófagos Os animais micrófagos nútrense de presas minúsculas,​ ou de partículas orgánicas microscópicas. Por iso, estas materias deben seren inxeridas en gran cantidade. Estas partículas van desde restos orgánicos duns poucos nanómetros até pquenos moluscos e crustáceos, como o krill, do que se alimentan os cetáceos misticetos, filtrando estes elementos nutritivos da auga coas súas barbas,barba, 1º artigo, 7ª acep. no Dicionario da RAG. ou baleas.<ref>2ª acep. no Dicionario da RAG.</ref>

Os sistemas de inxestión de alimentos son variados: pestanas vibrántiles que aseguran unha corrente de auga e/ou de mucus, incluíndo partículas en moluscos e tunicados, por exemplo; estruturas filtrantes en crustáceos, flamengos e baleas ou, nalgunhas especies como as miñocas ou o verme Arenicola marina'', que inxiren de xeito indiscriminado todo o ambiente que os rodea e que contén partículas de alimento.

No chan, os micrófagos poden ser colémbolos, algún ácaros, nematodos ou larvas de dípteros, que se alimentan dos seres vivos máis pequenos, algas, protozoos, fungos, e bacterias.

Clasificación Entre os organismos desta categoría encóntranse:

Sedimentívoros: Son aqueles que procesan o todo o sedimento, inxeríndoo sobre todo para dixeriren os pequenos organismos vivos que contén ou outra materia aproveitábel.micrófagos. Un exemplo sería a miñoca (anélidos). Filtradores: Son os que se alimentan de partículas orgánicas ou seres vivos de pequeno tamaño que viven suspendidos na auga, como as esponxas. Para poder proceder á súa alimentación, os animais filtradores desrenvolveron distintas maneiras de reter o alimento que pode estar no fitoplancto ou no zooplancto, ou seren pequenos crustáceos e bacterias. Fitófagos (ás veces chamados, impropiamente, herbívoros): Aliméntanse de plantas vivas, murchas ou mortas. Parasitos: Son organismos que vive sobre un organismo hospedeiro ou no seu interior, alimentándose a expensas do hóspede. Hai tres clases importantes de parasitos que poden provocar enfermidades nos seres humanos: protozoos, platihelmintos e ectoparasitos. Aliméntanse a costa doutros animais sen chegar, normalmente, a matalos. Preeiros: Consomen os cadáveres doutros animais.

Notas

Categoría:Alimentación Categoría:Ecoloxía Categoría:Termos zoolóxicos