dereita|miniatura|Necrolóxica de José Goñi Aizpúrua en La Noche. José Goñi Aizpúrua, nado en Donostia o 8 de agosto de 1908 e finado en Madrid o 16 de maio de 1964, foi un xornalista vasco.

Traxectoria Iniciou a súa actividade xornalística profesional en Donostia, onde foi redactor de La Constancia e despois de El Diario Vasco. En 1934 foi nomeado director do periódico tradicionalista Pensamiento Alavés, publicado en Vitoria, que se situou a favor dos sublevados logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936. En outubro de 1937 cesou na dirección de Pensamiento Alavés, e trasladouse en 1938 a Santiago de Compostela, onde dirixiu El Correo Gallego e fundou e dirixiu La Noche até 1960. Despois estableceuse en Madrid, onde foi delegado e conselleiro de Faro de Vigo e La Noche, do diario España de Tánxer, conselleiro delegado de Informaciones e xefe da Cifra Gráfica. Tamén foi correspondente de varios periódicos españois. Empregou o pseudónimo de Zeda.

Obras En 1945 publicou o libro La guerra fue así, sobre a segunda guerra mundial, con prólogo de Camilo Barcia Trelles.El Correo Gallego, 8-2-1945, p. 4.

Vida persoal

Casou con María Rosa Etchevers e foi pai de Ana, José Luis, Juan Carlos, Rosa, Ramón e Fernando Goñi Etchevers. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Hemeroteca dixital de Pensamiento Alavés (de 1932 a 1945)

Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1908 Categoría:Finados en 1964