Eusebio Valdés Pastor, nado en Castrogonzalo (provincia de Zamora) o 4 de xullo de 1919 finado en Madrid o 13 de novembro de 2007, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Fillo dun garda civil, chegou a Viveiro con poucos meses polo traslado do seu pai. Fixo o bacharelato en Lugo (1930-1936). Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 incorporouse ao exército sublevado. Tenente mutilado da División Azul, foi xefe da Falange de Viveiro.El Progreso, 14-2-1943, p. 3. Foi nomeado alcalde de Viveiro o 29 de marzo de 1943, permaneceu no cargo atá o 22 de decembro de 1950. Fixo a carreira de Ciencias Políticas na Universidade Complutense de Madrid (1944-1947). Foi elixido procurador en Cortes como representante dos concellos de Lugo en maio de 1946, permanecendo no cargo até abril de 1952. Trasladouse a Coruña en 1955 e a Madrid en 1958, onde fundou unha empresa de fabricación de material eléctrico, Caucho-Metal SA. Finou en Madrid o 13 de novembro de 2007.
Recoñecementos Medalla ao Mérito no Traballo. Medalla de Salvamento de Náufragos pola súa actuación no salvamento da tripulación dun submarino alemán afundido na Estaca de ares en xaneiro de 1944. Vida persoal
Casou en Viveiro con Laura Moreiras Mendizabal en 1943,El Progreso, 3-7-1943, p. 2. e foi pai de José Javier Valdés Moreiras.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Militares de España Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Viveiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Procuradores en Cortes
Categoría:Nados na provincia de Zamora
Categoría:Nados en 1919
Categoría:Finados en 2007 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes