Bibliotecas Municipais da Coruña|miniatura As Bibliotecas Municipais da Coruña son un servizo público formado por un servizo central de coordinación e oito bibliotecas municipais da cidade da Coruña. Biblioteca Municipal de Estudos Locais (A Coruña)|miniatura
Estrutura Coñecendo a biblioteca dende pequenos|miniatura As Bibliotecas Municipais da Coruña están constituídas por oito centros, dos cales seis teñen un carácter xeneralista ─ Ágora, O Castrillón, Fórum Metropolitano, Monte Alto, Os Rosales e Sagrada Familia─ e dúas de eido especializado ─Infantil-Xuvenil e Estudos Locais. As bibliotecas, espalladas por toda a cidade, contan con material en distintos soportes: libros, CD, DVD, revistas etc., dispoñen de conexión pública de balde a Internet e están abertas de luns a sábados durante 12 horas diarias. De xeito administrativo, as bibliotecas municipais inscríbense na Concellería de Cultura do Concello da Coruña. Curso de Internet en áula de biblioteca|miniatura Amais das bibliotecas municipais a cidade conta coas universitarias, a Biblioteca Pública Provincial da Deputación da Coruña e a Biblioteca Pública do Goberno español Miguel González Garcés. Espazos audiovisuais|miniatura
Servizos Os servizos que ofrecen as bibliotecas son: Salas infantís e para adultos Consulta en sala Catálogo informatizado Préstamo a domicilio Acceso a Internet e bases de datos de balde Wi-Fi Atención a persoas xordas Atención a persoas con mobilidade reducida Atención a bibliotecas escolares Aulas de formación informática Referencia virtual Préstamo interbibliotecario
Servizos virtuais A web do servizo municipal permite facer diversas xestións de xeito virtual, coma a consulta do catálogo en liña, a renovación de préstamos, a realización de reclamacións e suxestións ou a inscrición dentro da propia rede de bibliotecas. Dispón tamén de recursos electrónicos en liña dirixidos principalmente a rapaces e adolescentes. Os clubs de lectura presenciais dispoñen cada un dun blog para a súa xestión e comunicación. Existe tamén un Club Virtual de lectura que desenvolve todas as súas actividades de xeito virtual empregando un blog coma plataforma.
Tendo en conta o volume do préstamo de cómics e a importancia cualitativa e cuantitativa do fondo, as bibliotecas municipais crearon Fancómic, un blog adicado a este xénero, con especial dedicación a Galicia, que serve de punto de encontro de usuarios, autores, libreiros e bibliotecarios.
O sistema de bibliotecas participa tamén do servizo de referencia virtual Pregunte, as bibliotecas responden, en colaboración con outras bibliotecas públicas de España.
O servizo SMS das bibliotecas permite ós cidadáns dun xeito completamente de balde estar puntualmente informados das actividades preferidas que se celebran nos nosos centros a través dos sms ós seus móbiles.
Actividades Algunhas das actividades levadas a cabo nestes centros comprenden contacontos infantís, alfabetización dixital, alfabetización para persoas maiores, cursos de castelán, clubs de lectura, mostras bibliográficas, visitas á biblioteca, obradoiros, concursos, conferencias e recitais.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web do Sistema Municipal de Bibliotecas da Coruña
Categoría:Bibliotecas de Galicia Categoría:A Coruña