Frozen II, tamén coñecido como Frozen 2, é un filme estadounidense de 2019 dirixido por Chris Buck e Jennifer Lee, e producido por Walt Disney Animation Studios. É o filme número 58 producido polo estudio, sendo a secuela do filme de 2013 Frozen. Foi producido por Peter Del Vecho, e conta coas cancións escritas por Kristen Anderson-Lopez e Robert Lopez, e a banda sonora de Christophe Beck. Lee tamén exerce como guionista, adaptando unha historia orixinal dela mesma, Buck, Marc E. Smith, Anderson-Lopez e Lopez, mentres que Byron Howard foi o produtor executivo. Conta coas voces de Kristen Bell, Idina Menzel, Josh Gad, Jonathan Groff e Ciarán Hinds, xunto con Sterling K. Brown, Evan Rachel Wood, Alfred Molina, Martha Plimpton, Jason Ritter, Rachel Matthews e Jeremy Sisto.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Ficha en RottenTomatoes Ficha en Metacritic Ficha en AllMovie Ficha en BoxOfficeMojo

Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de 2019 en 3D Categoría:Filmes dirixidos por Jennifer Lee Categoría:Filmes dirixidos por Chris Buck Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes distribuídos en sistemas IMAX