A 73ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes celebrouse no ano 2020. O 13 de xaneiro de 2020, Spike Lee foi nomeado como presidente do xurado. O festival estaba orixinalmente previsto para ter lugar dende o 12 até o 23 de maio de 2020. Porén, por mor da pandemia por coronavirus en Francia, o 14 de abril de 2020 anunciouse que o festival non se celebraría na súa "forma orixinal", explorándose medios alternativos.
Anteriormente, a xestión do festival considerou a celebración en xuño ou xullo, logo de renunciar á cancelación do evento. A mediados de marzo, o principal local do festival o Grand Auditorium Louis Lumière, foi convertido nun refuxio temporal para persoas sen fogar.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Festival Internacional de Cinema de Cannes