Geo-IK, tamén coñecidos como Musson (índice GRAU 11F621), foi unha serie de satélites xeodésicos soviéticos e logo rusos. Eran os sucesores dos satélites Sfera.
Características Os satélites Geo-IK eran satélites en órbita baixa lanzados para mellorar a precisión dos mapas da época. Foron lanzados entre 1981 e 1994 usando foguetes Tsiklon-3 e normalmente había entre un e dous satélites operativos en órbita. As súas órbitas típicas eran circulares, de 1500 km de altura e entre 73,6 e 82,6 graos de inclinación orbital. Tiñan unha masa duns 1500 kg e alimentábanse mediante paneis solares. O corpo principal dos satélites estaba formada por un cilindro cun mastro nun dos extremos para estabilizarse mediante gradente gravitatorio e antenas e paneles solares formando unha saia arredor do satélite no outro extremo. Os instrumentos e a carga útil ían nun contedor presurizado e termicamente controlado dentro do cilindro. O tempo de vida de cada satélite era de entre 1 e 2 anos. Foron sucedidos polos satélites Geo-IK-2.
Instrumentos Os Geo-IK dispoñían de varios sistemas para facer as súas medicións:
Un radar de 9,4 GHz para medir altura sobre a superficie oceánica cunha precisión de entre 3 e 5 metros. Un sistema Doppler de dúas frecuencias (150 e 400 MHz) cunha precisión de entre 1 e 3 cm/s para medir a distancia desde terra cara ao satélite. Un transpondedor funcionando a 3,4 ou 5,7 GHz para determinar tamén a distancia ao satélite cunha precisión de entre 3 e 5 m. Reflectores láser na superficie do satélite para medir a distancia cara ao satélite cunha precisión de 1,5 m. Un sistema de sinalización por luz de alta intensidade que emite flashes e permitía a observatorios en terra determinar a posición do satélite contra o fondo de estrelas cunha precisión de 1,5 segundos de arco.
Os instrumentos eran operados normalmente durante cinco días á semana, deixando os dous restantes para planificación.
Historial de lanzamentos
Misión Data de lanzamento Foguete lanzador Notas Geo-IK 1 (Musson 1, Kosmos 1242) 23 de xaneiro de 1981 Tsiklon-3 Fallo Geo-IK 2 (Musson 2, Kosmos 1312) 30 de setembro de 1981 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 3 (Musson 3, Kosmos 1410) 24 de setembro de 1982 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 4 (Musson 4, Kosmos 1510) 24 de novembro de 1983 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 5 (Musson 5, Kosmos 1589) 8 de agosto de 1984 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 6 (Musson 6, Kosmos 1660) 14 de xuño de 1985 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 7 (Musson 7, Kosmos 1732) 11 de febreiro de 1986 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 8 (Musson 8, Kosmos 1803) 2 de decembro de 1986 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 9 (Musson 9, Kosmos 1823) 20 de febreiro de 1987 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 10 (Musson 10, Kosmos 1950) 30 de maio de 1988 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 11 (Musson 11, Kosmos 2037) 20 de agosto de 1989 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 12 (Musson 12, Kosmos 2088) 30 de xullo de 1990 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 13 (Musson 13, Kosmos 2226) 22 de decembro de 1992 Tsiklon-3 Éxito Geo-IK 14 (Musson 14) 29 de novembro de 1994 Tsiklon-3 Éxito
Notas
Véxase tamén Outros artigos Tsiklon-3 Geo-IK-2 Sfera
Categoría:Satélites artificiais