Pet Shop Boys é un grupo de pop electrónico, procedente de Londres (Inglaterra, Reino Unido). Os seus integrantes son Neil Tennant, que se ocupa de cantar, dos teclados e por veces da guitarra, e Chris Lowe, que está aos sintetizadores e de cando en cando tamén canta.

Traxectoria Orixinalmente pensaban chamarse West End, pero logo mudaron para o seu nome actual en lembranza dun amigo común que traballaba nunha tenda de animais domésticos. A Neil Tennant, particularmente, gustoulle moito este nome porque imitaba o dun grupo de rap.

O seu primeiro álbum foi Please, que se publicou en marzo de 1986. Desde outubro do ano anterior, o single "West End Girls" (que chegou ao primeiro lugar nas listas de éxitos de varios países, o Reino Unido e os Estados Unidos incluídos), foi a súa credencial para o público. Logo, Love Comes Quickly, obtivo só o número 19 na lista británica.

A súa primeira xira foi en 1986, pero adiouse ata 1989, ao tempo o seu traballo "Suburbia" subía ata o número 8 das listas de éxitos británicos. Este tema inspirouse nun filme de Penelope Spheeris, que narra as revoltas xuvenís nas metrópoles industrializadas.

En 1987 chegaría unha época de éxitos sen precedentes na súa historia con temas como "It`s a Sin". Esta canción recibiu críticas, pero tamén eloxios como os de War Cry, revista do Exército de Salvación, que lle deu o seu visto e prace a propósito do concepto de pecado na modernidad.

O 7 de setembro dese ano publícase o seu álbum Actually e na noiteboa Always on my Mind, que logo foi número un en varios países. A canción xa era coñecida porque a interpretara anteriormente Elvis Presley en 1972.

Para 1989 fixeron dúos con Dusty Springfield e Liza Minelli, que foron editados en discos como Scandal e Reputation, a canda outras cancións. Nese mesmo ano inicia o seu primeiro ciclo de concertos, que os leva a Gran Bretaña, Xapón e Hon-Con. O álbum Introspective mostra unha clara influencia da cultura house e inclúe cancións de peso, como "Left to my own devices" e "I'm not scared", esta tamén gravada polo grupo Eighth Wonder.

En 1990 sae álbum Behaviour, un disco de atmosfera máis intimista que se convertería nunha peza de culto. Preséntano en 1991 nunha xira mundial que os leva ata o Xapón, Estados Unidos e Europa. En paralelo, Tennant e Lowe colaboran no primeiro disco do dúo Electronic, integrado por Bernard Sumner (New Order) e Johnny Marr (The Smiths).

En 1993, viaxan a Rusia para inaugurar a canle MTV daquel país, dando a coñecer o seu tema "Go West". Inclúese no álbum Very, un regreso ao pop electrónico máis eufórico e fastuoso.

Para 1994 realizan unha xira, o Discovery Tour, que os leva a Australia, Singapur, o Brasil, Chile e Colombia.

En 1995, lanzan Alternative, un dobre CD que contén rarezas da súa discografía, especialmente caras B de sinxelos. Un ano despois, Bilingual experimenta con ritmos brasileiros e consegue outros dous temas no top 10 británico: Before e Se a Vida É (That's The Way Life Is), unha atrevida fusión de samba e pop electrónico.

Outro álbum do dúo, Nightlife, ábrese co título I Don't Know What You Want But I Can't Give It Any More. A discotequeira New York City Boy e a agredoce You Only Tell Me You Love Me When You're Drunk lévanos de novo ao top 10 británico a finais de 1999 e principios do 2000, coincidindo cunha nova xira mundial que inclúe un escenario deseñado pola prestixiosa arquitecta iraquí Zaha Hadid.

En 2002, o dúo lanza o seu álbum Release, considerado polos fans coma un impás na carreira musical do grupo. Neste álbum experimentan con composicións que non son puramente electrónicas, senón que asistimos á presenza doutros instrumentos como guitarra clásica e eléctrica, batería e outros. A finais do 2003 combaten a frialdade xerada con ese disco cunha dobre antoloxía de éxitos, PopArt, que os leva a realizar, no verán do 2004, unha xira baseada nas súas cancións máis coñecidas.

Aínda que se falou da posibilidade de que os membros do dúo se integrasen noutros grupos ou que se disolvese Pet Shop Boys, eles continuaron xuntos. No 2004 traballan na banda sonora do filme ruso O acoirazado Potemkin de Sergei Eisenstein (1925), posto en escena por primeira vez nun concerto multitudinario na praza de Trafalgar de Londres o 12 de setembro de 2004, en colaboración coa Orquestra Sinfónica de Dresden e como protesta contra a invasión de Iraq de 2003. O disco conseguinte sae á venda en setembro de 2005.

En maio de 2006, lanzan Fundamental (álbum), producido por Trevor Horn, que inclúe novos éxitos como "I'm with Stupid", "Casanova in Hell" ou "The Sodom and Gomorrah Show". Con el inician unha xira mundial que se estenderá ata o outono e que alternaron con concertos centrados no Acoirazado Potemkin. De xeito paralelo a Fundamental (álbum), lanzan "Concrete", tamén con Trevor Horn, un duplo álbum gravado ao vivo coa BBC Concert Orchestra no que revisan temas de "Fundamental" e tamén cancións míticas. En "Concrete" participan estrelas como Robbie Williams ou Rufus Wainwright.

En marzo de 2009 saíu o disco Yes, sendo o seu primeiro sinxelo "Love etc".

Concertos en Galiza O 1 de agosto de 2006 actuaron por primeira vez en Galiza, no parque de Castrelos de Vigo. Precedéronos no escenario os vigueses Cat People. Segundo sinalaron algúns xornais, asistiron ao auditorio de Castrelos unhas 19.000 persoas. O concerto pertencía á xira de Fundamental (álbum) e foron os temas dese disco, recompilatorio da súa carreira, os que centraron a actuación. Os bises foron dous: os seus moi clásicos It's a sin e Go West. Nas súas alocucións, que foron maioritariamente en inglés con algunhas frases de cortesía en castelán, Neil Tennant dixo que lle gustara moito Vigo e que desexaba volver axiña.

Personalidades relacionadas Música

Elvis Presley - Gravaron en 1987 a música Always On My Mind, que xa rexistrara Elvis en 1972, se ben non era unha canción coñecida do gran público. Dusty Springfield - Dueto en What have I done to deserve this? e composicións do dú nun dos seus álbums. Liza Minnelli - Os Pet Shop Boys produciron e compuxeron para o seu álbum Results; Eighth Wonder - Gravou I'm not scared, de autoría do dúo; Sterling Void - Gravaron It's alright, regravada polos Pet Shop Boys en 1988; Robbie Williams - Regravou I wouldn't normally do this kind of thing; U2 - Autores de Where the streets have no name, regravada polos Pet Shop Boys; Electronic - Os Pet Shop Boys colaboraram en dous retrincos do seu álbum de estrea e, máis tarde, no single Disappointed; Kylie Minogue - Gravou Falling e fixo un dúo en In denial, ambas as dúas de autoría dos Pet Shop Boys. Tina Turner - Gravou Confidential, escrita polos Pet Shop Boys. David Bowie - Dueto cos Pet Shop Boys en Hallo Spaceboy. Elton John - Dueto cos Pet Shop Boys en Believe/Song For Guy, que foi interpretada por primeira vez nun programa de TV e despois gravada en estudio.

Outros Derek Jarman - o falecido cineasta inglés foi o autor dos vídeos de It's a Sin e Rent e de filmes proxectados na xira Highlights, entre outros. Zaha Hadid - a renomada arquitecta iraquí, Premio Pritzker en 2004, proxectou o escenario da xira Nightlife.

Homosexualidade Os Pet Shop Boys están considerados como unha das grandes iconas da comunidade LGTB.

O vocalista, Neil Tennant é abertamente gai dende que en 1993 protagonizou un número da revista británica Attitude, se ben ata daquela procurara ir desmentindo os ruxerruxes sobre a súa homosexualidade. Lowe, porén, garda un completo silencio sobre a súa orientación sexual.

Inclúen abondosas referencias á homosexualidade e á cultura LGTB tanto nos vídeos como nas letras das súas cancións. Escribiron unha peza sobre un fan que pasa unha noite cun rapeiro, baseado en Eminem e que se chamou The night I fell in love, e unha, Metamorphosis, na que abordaron con claridade o tema da saída do armario. O seu single de 1990 Being boring fala da relación entre a crise da Sida e a súa incidencia nos costumes e comportamentos da comunidade gai. O vídeo que a acompañaba foi filmado polo fotógrafo Bruce Weber.

Tennant ten declarado que, porén, procuran facer as cancións dun xeito abondo ambiguo como para que tanto os homosexuais coma os heterosexuais se poidan sentir identificados.

Os Pet Shop Boys quixeron organizar en 2001 unha xira de músicos abertamente gais, que se ía chamar Wotapalava. Porén, nunca se chegou a levar a cabo.

Discografía Discografía Álbums de estudio Álbum Ano Selo Please 1986 Parlophone Actually 1987 Parlophone Introspective 1988 Parlophone Behaviour 1990 Parlophone Very 1993 Parlophone Bilingual 1996 Parlophone Nightlife 1999 Parlophone Release 2002 Parlophone Fundamental 2006 Parlophone Yes 2009 Parlophone Elysium 2012 Parlophone Electric 2013 x2 Super 2016 x2 Hotspot 2020 x2 Nonetheless 2024 x2, Parlophone

EPs

Singles Opportunities (FIRST RELEASE) - 1985 West End Girls - 1985 Love Comes Quickly - 1986 Opportunities (SECOND RELEASE) - 1986 Suburbia - 1986 It's A Sin - 1987 What Have I Done To Deserve This? - 1987 Rent - 1987 Always On My Mind - 1987 Heart - 1988 Domino Dancing - 1988 Left To My Own Devices - 1988 It's Alright - 1989 So Hard - 1990 Being Boring - 1990 Where The Streets Have No Name (I Can't Take My Eyes Off You). How Can You Expect To Be Taken Seriously? - 1991 Jealousy - 1991 DJ Culture - 1991 DJ Culturemix - 1991 Was It Worth It? - 1991 Can You Forgive Her? - 1993 Go West - 1993 I Wouldn't Normally Do This Kind Of Thing - 1993 Liberation - 1994 Absolutely Fabulous (PSB with Jennifer Saunders and Joanna Lumley) - 1994 Yesterday, When I Was Mad - 1994 Paninaro 95 - 1995 Before - 1996 Se A Vida É (That's The Way Life Is) - 1996 Single - Bilingual - 1996 A Red Letter Day - 1997 Somewhere - 1997 I don't know what you want but I can't give it anymore - 1999 New York City boy - 1999 You only tell me you love me when you're drunk - 2000 Home and dry - 2002 I get along - 2002 London - 2002 Miracles - 2003 Flamboyant - 2004 I´m With Stupid - 2006 Minimal - 2006 Love etc. - 2009

Outros Televisión - 1986 (Vídeo) Showbusiness - 1988 (Vídeo) It Couldn't Happen Here - 1989 (Vídeo) Highlights (Pet Shop Boys on tour) - 1990 (Vídeo) Promotion - 1991 (Vídeo) Videography - 1991 (Vídeo) Performance - 1992 (Vídeo, DVD) Very Relentless - 1993 (Edición limitada) Projections - 1993 (Vídeo) Various - 1995 (Vídeo) Discovery - Live In Rio - 1995 (Vídeo) Bilingual Special Edition - 1997 (Edición limitada) Somewhere - Live At The Savoy - 1997 (Vídeo, DVD) Essential - 1998 (Recompilación - Edición limitada) Please / Further listening 1984-1986 - 2001 (Edición especial remasterizada) Actually / Further listening 1987-1988 - 2001 (Edición especial remasterizada) Introspective / Further listening 1988-1989 - 2001 (Edición especial remasterizada) Behaviour / Further listening 1990-1991 - 2001 (Edición especial remasterizada) Very / Further listening 1992-1994 - 2001 (Edición especial remasterizada) Bilingual / Further listening 1995-1997 - 2001 (Edición especial remasterizada) Pet Shop Boys Montage - The Nightlife Tour - 2001 (DVD) Closer to Heaven - 2002 (Banda sonora orixinal) PopArt - 2003 (DVD) Battleship Potemkin - 2005 (Banda sonora orixinal) A Life in Pop - 2007 (DVD)(Documental autobiográfico)

Ligazóns externas Web oficial do grupo

Categoría:Grupos musicais de pop Categoría:Grupos musicais de Londres Categoría:LGBTIQ+ Categoría:Grupos musicais de música electrónica