miniatura|Bong Joon-ho dirixiu o primeiro filme de Corea do Sur en gañar o premio, Gisaengchung (2019). Esta é unha lista dos filmes propostos na 92ª edición dos Óscar para o mellor filme internacional. A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (AMPAS) convidou ás industrias cinematográficas de varios países a presentar o seu mellor filme para o Óscar ó mellor filme internacional cada ano dende que o premio foi creado na edición de 1956. O premio é presentado anualmente pola Academia para un filme producido fóra dos Estados Unidos cun diálogo maioritariamente en lingua non inglesa. O Comité do Premio Internacional de Longametraxes supervisa o proceso e revisa todos os filmes enviados. A categoría foi anteriormente chamada mellor filme en lingua non inglesa, mais foi cambiado en abril de 2019 a mellor filme internacional, logo de que a academia considerase a anterior denominación como desfasada.
Os filmes presentados teñen que ser estreados nos cinemas dos respectivos países entre o 1 de outubro de 2018 e o 30 de setembro de 2019. A data límite para presentar as propostas foi o 1 de outubro de 2019, e a Academia anunciou a lista de filmes elixibles o 7 de outubro de 2019. Un total de 94 países presentaron un filme, cun número récord de 93 propostas aceptadas. Tres países presentaron un filme por vez primeira. Ghana enviou Azali, Nixeria enviou Lionheart, e Uzbekistán enviou Issiq non. Porén, o 4 de novembro de 2019, a Academia descualificou a proposta de Nixeria xa que a maioría do diálogo estaba en inglés.
De toda a lista, só dez filmes pasaron á lista curta, que foron anunciados o 16 de decembro de 2019, cos cinco nomeados finais sendo anunciados o 13 de xaneiro de 2020. Gisaengchung de Bong Joon-ho gañou o Premio para Corea do Sur, así como o Óscar ó mellor filme, converténdose no primeiro filme en lingua non inglesa en conseguilo.
Propostas País Título Lingua(s) Director(es) Resultado Hava, Maryam, Ayesha PersaSahraa Karimi Delegacioni Albanés e francésBujar Alimani Systemsprenger AlemánNora Fingscheidt Papicha Árabe e francésMounia Meddour The Perfect Candidate ÁrabeHaifa al-Mansur Erken kisher ArmenioEdgar Baghdasaryan La odisea de los giles CastelánSebastián Borensztein Buoyancy Khmer e tailandésRodd Rathjen Joy Inglés e alemánSudabeh Mortezai Alpha BengalíNasiruddin Yousuff Debut RusoAnastasiya Miroshnichenko Nuestras madres CastelánCésar Díaz Tu me manques Castelán e inglésRodrigo Bellott Sin BosníacoInes Tanović A Vida Invisível PortuguésKarim Aïnouz Ága IacutoMilko Lazarov In the Life of Music Khmer e inglésCaylee So, Sok Visal Antigone FrancésSophie Deraspe Qazaq Handiǵy – Altyn Taq Kazako e rusoRustem Abdrashev Nabarvené ptáče IntereslavoVáclav Marhoul Araña CastelánAndrés Wood Ne Zha MandarínJiaozi Monos CastelánAlejandro Landes Gisaengchung CoreanoBong Joon-ho El despertar de las hormigas CastelánAntonella Sudasassi Mali CroataAntonio Nuić Un traductor Castelán e rusoRodrigo Barriuso, Sebastián Barriuso Dronningen Dinamarqués e suecoMay el-Toukhy El proyeccionista CastelánJosé María Cabral La mala noche CastelánGabriela Calvache Nech je svetlo EslovacoMarko Škop Zgodovina ljubezni EslovenoSonja Prosenc Dolor y gloria Castelán Pedro Almodóvar Tõde ja õigus EstonianoTanel Toom Yenifasu Filmya AmháricoJan Philipp Weyl Poisonous Roses ÁrabeFawzi Saleh Verdict Tagalo, filipino e inglésRaymund Ribay Gutierrez Hölmö nuori sydän Finés e somalíSelma Vilhunen Os miserábeis FrancésLadj Ly Azali Dagbani e akanKwabena Gyansah Ótan o Vánkner Synántise tis Ntomátes GregoMarianna Economou Café con sabor a mi tierra Castelán Carlos Membreño Sǎo Dú Èr Tiān Dì Duì Jué CantonésHerman Yau Akik maradtak HúngaroBarnabás Tóth Gully Boy Hindi Zoya Akhtar Kucumbu Tubuh Indahku XavanésGarin Nugroho Finding Farideh Persa, neerlandés e inglésKourosh Ataee, Azadeh Moussavi Gaza ÁrabeGarry Keane, Andrew McConnell Hvítur, hvítur dagur IslandésHlynur Pálmason Yamim Noraim HebreoYaron Zilberman Il traditore ItalianoMarco Bellocchio Subira Suahili e inglésRavneet Sippy Chadha Aurora Kirguiz e rusoBekzat Pirmatov Zana AlbanésAntoneta Kastrati Tēvs Nakts Letón, ruso, alemán e yiddishDāvis Sīmanis Jr. 1982 Árabe e inglésOualid Mouaness Laiko tiltai Estoniano, letón e lituanoKristine Briede, Audrius Stonys Tel Aviv Al Ha'Esh Hebreo e árabeSameh Zoabi Medena zemja Turco, macedonio e bosníacoTamara Kotevska, Ljubomir Stefanov M for Malaysia Malaio e inglésDian Lee, Ineza Roussille Adam Árabe Maryam Touzani La camarista CastelánLila Avilés The Steed Mongol, kazako, chinés e ruso Erdenebileg Ganbold Između dana i noći MontenegrinoAndro Martinovic Bulbul NepalésBinod Paudel Lionheart Inglés e igboGenevieve Nnaji Ut og stjæle hester Noruegués e suecoHans Petter Moland Instinct NeerlandésHalina Reijn It Must Be Heaven Árabe, inglés e francés Elia Suleiman Todos cambiamos CastelánArturo Montenegro Laal Kabootar UrdúKamal Khan Retablo QuechuaAlvaro Delgado-Aparicio Boże Ciało PolacoJan Komasa A Herdade Portugués Tiago Guedes The Boy Who Harnessed the Wind Chewa e inglésChiwetel Ejiofor La Gomera Romanés, inglés e silbo gomeroCorneliu Porumboiu Dylda RusoKantemir Balagov Atlantique Wólof, francés e inglésMati Diop Kralj Petar Prvi SerbioPetar Ristovski Huan tu Mandarín, inglés e bengalíYeo Siew Hua Da chven vitsek'vet Xeorxiano Levan Akin Wolkenbruchs wunderliche Reise in die Arme einer Schickse Alemán, yiddish e hebreoMichael Steiner Knuckle City XhosaJahmil X.T. Qubeka Saeng Krasue TailandésSitisiri Mongkolsiri Dear Ex MandarínMag Hsu, Hsu Chih-yen Weldi ÁrabeMohamed Ben Attia Bağlılık Aslı TurcoSemih Kaplanoğlu Evge Tártaro de Crimea e ucraínoNariman Aliev Así habló el cambista CastelánFederico Veiroj Issiq non UzbekoUmid Khamdamov Yo, imposible CastelánPatricia Ortega Hai Phượng VietnamitaLê Văn Kiệt O tempo contigo XaponésMakoto Shinkai Shindisi XeorxianoDito Tsintsadze
Cambios O filme de Afganistán, Hava, Maryam, Ayesha, non apareceu na listaxe oficial porque apareceron dúbidas sobre a lexitimidade do comité nacional que a seleccionou. O filme enviado por Austria, Joy, foi descualificado en novembro de 2019 xa que a Academia afirmou que o filme tiña demasiado diálogo en inglés. Os cineastas discutiron a descualificación argumentando que se as partes en pidgin nixeriano, inintelixible para falantes de inglés, se contasen por separado, o inglés constituiría menos do 50% de todo o diálogo. Porén, a Academia mantivo a súa decisión inicial. Lionheart, de Nixeria, primeiro filme enviado polo país, foi descualificado en novembro de 2019. Só 11 dos 95 minutos do filme teñen diálogos que non son en inglés, o que viola as regras da Academia. Informouse de que Uganda seleccionara Kony: Order from Above, mais o comité de selección ugandés dixo que o filme non tiña os requisitos mínimos para a súa selección e non foi enviado.
Notas
92 Categoría:Cinema en 2019