O Concello de Celanova e a Fundación Curros Enríquez conceden, anualmente, desde 1985, o Premio Celanova Casa dos Poetas, co fin de recoñecer a unha persoa ou entidade que ó longo da súa vida se teña significado especialmente por desenvolver un intenso labor a prol da cultura galega en tódalas súas facetas, ou da propia Galicia.
Descrición Sen dotación económica, o premiado recibe unha placa ou diploma conmemorativo e unha medalla de prata deseñada polo escultor Acisclo Manzano, que ten por unha cara a casa de Manuel Curros Enríquez e pola outra cinco letras "C" concéntricas, que simbolizan á Casa dos Poetas, a Curros, a Celanova, a Castor Elices e a Celso Emilio Ferreiro. O premio entrégase nun acto que se celebra o primeiro domingo de setembro inmediato ó 31 de agosto, que é a data do pasamento de Celso Emilio.
Premiados # ano nome actividade 1 1985 Xosé Luís Méndez Ferrín Uxío NovoneyraAlfredo Cid RumbaoRicardo Carballo Calero escritorescritorhistoriadorescritor 2 1986 Ánxel Fole escritor 3 1987 Xaquín Lorenzo, Xocas etnógrafo 4 1988 Carlos Velo cineasta 5 1989 Xosé Neira Vilas escritor 6 1990 Manuel María poeta 7 1991 Laxeiro pintor 8 1992 Mesa para a defensa do galego en Asturias colectivo cultural 9 1993 Xesús Alonso Montero profesor 10 1994 Milladoiro grupo musical 11 1995 Carlos Casares escritor 12 1996 Manuel Colmeiro Guimarás pintor 13 1997 Isaac Díaz Pardo polígrafo 14 1998 Francisco Fernández del Riego xornalista e escritor 15 1999 José Ángel Valente poeta 16 2000 Xaime Quessada pintor 17 2001 Luz Pozo Garza poeta 18 2002 Xohana Torres escritora 19 2003 Antón Tovar poeta 20 2004 Acisclo Manzano escultor 21 2005 Amancio Prada cantante 22 2006 Virxilio Fernández pintor 23 2007 Manuel Lourenzo escritor 24 2008 Alfonso S. Palomares xornalista 25 2009 Real Academia Galega entidade cultural 26 2010 Manuel Gallego Jorreto arquitecto 27 2011 Carlos Núñez músico 28 2012 Luís Tosar actor 29 2013 «R» empresa 30 2014 Manuel Rivas escritor 31 2015 Centro Unión Orensana de la Habana entidade cultural 32 2016 Antonio Lourenço Fontes (Padre Fontes) etnógrafo 33 2017 Corporación Hijos de Rivera empresa 34 2018 Parlamento de Galicia institución 35 2019 Isabel Blanco actriz 36 2020 Xosé Cid Menor escultor 37 2021 Residencia San Carlos residencia de maiores de Celanova 38 2022 Luz Casal cantante39 2023 Manuel García Buciñosescultor40 2024 Bieito Ledo escritor e editor412025Sarabela Teatrogrupo de teatro422026Xosé Lois González, O Carrabouxodebuxante e humorista
Notas
Referencias
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas http://www.currosenriquez.es/premio-casa-dos-poetas/
Categoría:Celanova Celanova Categoría:Celanova sen imaxes