miniatura|Parte da sura Al-Fath nun Corán do século VIII ou IX. Unha sura ( , plural ) é o nome que recibe cada unha das unidades nas que se divide o Corán e que adoita traducirse como capítulo en moitas linguas. Hai 114 suras no Corán, que se dividen en 6236 āyāt (singular āyah, versículos) As suras son de duración moi diferente; a menor (Al-Kawthar) ten só tres versículos, mentres que a máis longa (Al-Baqara) contén 286. Segundo a tradición islámica, 86 das 114 suras clasifícanse como mecanas, reveladas a Mahoma na Meca, mentres que 28 son medinenses, reveladas despois da migración de Mahoma a Medina (Hijrah). As suras mecanas adoitan trata da fe e mais de escenas do alén mentres que as que medinesas tratan máis na organización da vida social da nacente comunidade islámica e o liderado dos musulmáns co obxectivo de acadar o Dar al-Islam, o territorio gobernado polos musulmáns, amosando forza fronte aos incrédulos. Agás na sura At-Tawba, todos as suras comezan coa mesma fórmula: "En Nome de Alá, Ar-Rahman (o Misericordioso), Ar-Rahim (o Clemente)", que se coñece como basmala e indica os límites entre as suras. No Corán as suras dispóñense aproximadamente en orde decrecente de tamaño e, xa que logo, a disposición do Corán non é nin cronolóxica nin temática. As suras recítanse na posición qiyam (en pé) das oracións islámicas e a primeira, Al-Fatiha, recítase en cada rezo.
Etimoloxía miniatura|Al-Kawthar, con tres versículos é unha das suras máis curtas do Corán A etimoloxía do termo é controvertida, algúns autores considérano unha derivación do hebreo šūrā (ringleira) mentres outros derívano do siríaco surtā (escrita). Na época de Mahoma empregábase sura co significado de parte ou para designar un conxunto de versículos do Corán. O que se evidencia na aparición da palabra sura en múltiples lugares do Corán como no versículo 24:1:
e tamén en plural en 11:13:
Orde cronolóxica das suras Os capítulos no Corán non se organizan na orde cronolóxica da revelación, e os investigadores afanáronse na procura desa orde. Segundo a tradición, Mahoma indicoulles aos que o acompañaban, sahaba, a colocación de cada revelación (wahy) como lla ordenou Deus e así, o proceso final de recollida e codificación do Corán guiouse polo principio principal de non distorsionar as palabras de Deus coa intervención humana, e xa que logo, non houbo tentantiva ningunha para editar as revelacións nin para as organizar en unidades temáticas nin para as presentar en orde cronolóxica. miniatura|Primeiras liñas da sura al-Alaq, segundo a tradición islámica contén os primeiros textos revelados. Primeiros intentos Varios escritores medievais musulmáns intentaron compilar unha lista ordenada cronoloxicamente das suras, con diferentes resultados e houbo listas contraditorias ata o século XVI G.S. Reynolds, "Le problème de la chronologie du Coran", Arabica, nº 58, 2011, p. 477-502. A máis antiga data do primeiro cuarto do século VIII, e entre as máis coñecidas están a de Ibn Nadim no século X, a que se incluíu na obra al-Kafi e atribuída a Jafar al-Sadiq utilizouse para orde cronolóxica da edición estándar do Corán en Exipto (1924) e Abu Salih realizou outra lista que se preserva no libro Kitab Mabani.
Algúns versículos están asociados con acontecementos particulares que axudan a datalos. A sura 96 contén os primeiros versículos revelados do Corán, no ano 609 e os versículos 16:41 e 47:13 refírense á héxira que se data en 622. Os versículos 8:1–7 e 3:120–175 relatan as batallas de Badr (624) e Uhud (625) respectivamente. A peregrinación de adeus de Mahoma menciónase en 5:3, o que aconteceu en 632, poucos meses antes da súa morte. Pero este método é de utilidade limitada xa que o Corán conta a vida do Profeta ou a primeira historia da comunidade agarena só ocasionalmente e con pouco detalle.
Traballos modernos A cronoloxía de Theodor Nöldeke asume que o estilo do Corán cambia nunha dirección sen reversións. Nöldeke estudou o estilo e contido das suras e considerou que as suras máis tardías, as medinenese, eran máis curtas que as máis temperás, as mecanas e que estas tiñan un estilo de rima distinto, máis poético, mentres as medinenses eran máis prosaicas. Segundo Nöldeke, as suras máis antigas teñen algunhas feituras en común: moitas delas abren con xuramentos nos que Deus xura por fenómenos cósmicos, teñen en común temas, como escatoloxía, creación, piedade, autenticación da misión de Mahoma e rebatemento dos cargos contra el, e algunhas suras mecanas teñen unha clara estrutura 'tripartita', como por exemmplo as suras 45, 37, 26, 15 ou 21. As suras tripartitas abren cun curto aviso ao que segue por un ou máis relatos sobre infieis para se dirixir, finalmente, aos contemporáneos de Mahoma e convidalos a se unir ao islam. Os versículos medinenses son máis longos con máis interese en ofrecer lexislación e guía para a comunidade musulmá.
Richard Bell tomou a cronoloxía de Nöldeke como punto de partida para a súa investigación aínda que non cría que o criterio de estilo tivese importancia. Observou unha mudanza progresiva na misión de Mahoma, dende un predicador do monoteísmo ata se converter nun líder independente dunha relixión principal e para Bell esta transformación era decisiva e así considerou que se revelaran máis tarde as pasaxes que mencionan islam e musulmáns ou implican que os seguidores de Mahoma constitúen unha comunidade distinta. Bell clasificou o Corán en tres períodos principais: o período antigo, o período coránico e o período do libro e traballou na cronoloxía dos versículos no canto de facelo das suras, subxacía neste método a consideración de ser a unidade normal de revelación a pasaxe curta, que se editaran e reorganizaran amplamente.
Mehdi Bazargan dividiu o Corán en 194 pasaxes independentes preservando algunhas suras intactas como bloques mentres dividía outras en dous ou máis bloques e procedeu a reorganizar eses bloques ordenándoos aproximdamente segundo a lonxitude media do verso ao asumir que a lonxitude do verso tendía a aumentar co tempo Nome das suras miniatura|Al-Fatiha, primeira sura do CoránOs versículos e capítulos non tiñan en orixe un nome asociado. Mahoma, segundo algúns relatos recollidos en hadith, referíase os capítulos máis curtos polo seu primeiro versículo, e Abu Hurairah cita que Mahoma dixo "Al-ḥamdu l-illāhi rabbi l-ʿālamīnEmpezo do segundo versículo da primeira sura do Corán: "loado sexa Alá, Señor do Universo" é a nai do Corán, a nai do Libro, e os sete versículos repetidos do Glorioso Corán". Tamén atopamos informacións que amosan que Mahoma adoitaba referirse a elas polo seu nome, así Abdullah bin Buraydah conta que seu pai afirmaba: "Estaba eu sentado co Profeta e sentino dicir: aprende a sura Al-BaqarahA segunda sura do Corán e a máis longa, porque na súa aprendizaxe hai beizón, e no seu descoñecemento tristura, e as feiticeiras non son quen de lembralo".
A tradición árabe, semellante a outras culturas tribais dese tempo, dálle nome as cousas segundo as súas características únicas, e así é como foi para as suras tamén, a maioría deses nomes atópanse en hadith. Algúns recibiron o seu nome polo seu tema central, como al-Fatiha (a apertura) ou Yusuf (Xosé), outros pola primeira palabra do comezo do capítulo, tales como qaf, ya-sin, e ar-Rahman. Algunhas suras recibiron o nome por unha palabra única presente no seu corpo: al-Baqarah (a vaca), un-Nur (a luz), al-Nahl (a abella), az-Zukhruf (os adobíos de ouro), al-Hadid (o ferro), e al-Ma'un (a pequena bondade).
Un total de 6 suras reciben o nome por un dos 25 profetas que se mencionan no Corán: Hud, Ibrahim, Yunus, Yusuf, Mahoma e Nuh. Malia non recibir o nome de ningunha surata, o profeta que máis veces se menciona é Musa, cun total de 136 veces. Outras seis suratas teñen nomes referentes a animais: al-Baqarah, al-An'am (o gando), an-Naml (as formigas), al-Fil (o elefante), an-Nahl (as abellas) e al-Ankabut (a araña).
A maioría dos capítulos non variaron de nome, pero algúns coñécense por varios: al-Masadd (a fibra de palma) tamén se coñece como al-Lahab (a lapa). A sura Fussilat (explicado en detalle) tamén se denomina Ha-Mim Sajdah, ao comezar con Ha Mim.
Relación das suras pola súa orde coránica +Sura Nome en árabeNome transliteradoNome en galego1الفَاتِحَةAl-FatihahExordio 2ٱلْبَقَرَةAl-BaqarahA vaca3آلِ عِمْرَانAl-ImranA familia de Imrán4ٱلنِّسَاءAl-NisaAs mulleres5ٱلْمَائِدَةAl-MaidahA mesa6ٱلْأَنْعَامAl-AnamO rabaño7ٱلْأَعْرَافAl-A'rafO muro8ٱلْأَنْفَالAl-AnfalO botín9ٱلتَّوْبَةAl-TaubaO arrepentimento10يُونُسYunusXonás11هُودHudHud12يُوسُفYusufXosé13ٱلرَّعْدAl-RadO tronido14إِبْرَاهِيمIbrahimAbraham15ٱلْحِجْرAl-HillrA rocha16ٱلنَّحْلAl-NahlA abella17ٱلْإِسْرَاءBani Isra'ilA viaxe nocturna18ٱلْكَهْفAl-KahfA cova19مَرْيَمMaryamMaría20طهTa haTa ha21ٱلْأَنْبِيَاءAl-Anbiya'Os profetas22ٱلْحَجّAl-HallA peregrinación23ٱلْمُؤْمِنُونAl-MuminunOs crentes24ٱلنُّورAl-NurA luz25ٱلْفُرْقَانAl-FurqanO criterio26ٱلشُّعَرَاءAl-ShuaraOs poetas27ٱلنَّمْلAl-NamlAs formigas28ٱلْقَصَصAl-QasasO relato29ٱلْعَنْكَبُوتAl-AnkabutA araña30ٱلرُّومAl-RumOs bizantinos31لُقْمَانLuqmanLuqman32ٱلسَّجْدَةAl-SalldahA adoración33ٱلْأَحْزَابAl-AhzabA avinza34سَبَأSabaOs saba35فَاطِرFatirO creador36يسYa-SinYa-Sin (un nome de Mahoma)37ٱلصَّافَّاتAl-SaffatA ringleira38صSadSad39ٱلزُّمَرAz-ZumarOs grupos40غَافِرGhafirO perdoador41فُصِّلَتFussilatExplicado polo miúdo42ٱلشُّورىٰAsh-ShuraA consulta43ٱلْزُّخْرُفAz-ZukhrufOs adobíos44ٱلدُّخَانAd-DukhānO fume45ٱلْجَاثِيَةAl-YāthiyahA axeonllada46ٱلْأَحْقَافAl-AhqafAs dunas47مُحَمَّدMuhammadMahoma48ٱلْفَتْحAl-FathA vitoria49ٱلْحُجُرَاتAl-ḤuyuratOs cuartos50قQafQaf51ٱلذَّارِيَاتAd-DáriatOs que aburan52ٱلطُّورAt-TurO monte53ٱلنَّجْمAn-NaymA estrela54ٱلْقَمَرAl-QamarA Lúa55ٱلرَّحْمَٰنAr-RáhmanO compasivo56ٱلْوَاقِعَةAl-WaqiaO acontecemento57ٱلْحَدِيدAl-HadidO ferro58ٱلْمُجَادِلَةAl-MuyadilaA discusión59ٱلْحَشْرAl-HachrA xuntanza60ٱلْمُمْتَحَنَةAl-MumtahanaA examinada61ٱلصَّفّAs-SaffA liña de loita62ٱلْجُمُعَةAl-YumuaO venres63ٱلْمُنَافِقُونAl-MunafiqúnOs hipócritas64ٱلتَّغَابُنAt-TabagunA mutuo decepción65ٱلطَّلَاقAt-TálaqO reputio66ٱلتَّحْرِيمAt-TahrimA prohibición67ٱلْمُلْكAl-MulkO dominio68ٱلْقَلَمAl-QalamO cálamo69ٱلْحَاقَّةAl-HaqqaO inevitable70ٱلْمَعَارِجAl-MariyOs graos71نُوحNuhNoé72ٱلْجِنّAl-YinnOs xenios73ٱلْمُزَّمِّلAl-MuzzamilA morea74ٱلْمُدَّثِّرAl-MudazzirArroupado75ٱلْقِيَامَةAl-QuiyamatA resurreción76ٱلْإِنْسَانAl-InsanO home77ٱلْمُرْسَلَاتAl-MursalatOs emisarios78ٱلنَّبَأAn-NabaO anuncio79ٱلنَّازِعَاتAn-NaziatOs que arrastran80عَبَسَAbasaEngurrou as cellas81ٱلتَّكْوِيرAt-TakuírO escurecemento82ٱلْإِنْفِطَارAl-InfitarA fenda83ٱلْمُطَفِّفِينAl-MutafífinOs defraudadores84ٱلْإِنْشِقَاقAl-InchicaqO racho85ٱلْبُرُوجAl-BurujAs constelacións86ٱلطَّارِقAt-TariqO astro nocturno87ٱلْأَعْلَىٰAl-'AlaO altísimo88ٱلْغَاشِيَةAl-GashiyahO que cobre89ٱلْفَجْرAl-FayrA alborada90ٱلْبَلَدAl-BaladA cidade91ٱلشَّمْسAsh-ShamsO Sol92ٱللَّيْلAl-LailA noite93ٱلضُّحَىٰAd-DuhaA mañá94ٱلشَّرْحAsh-SharhA abertura95ٱلتِّينAt-TínAs figueiras96ٱلْعَلَقAl-'AlaqA sangre callada97ٱلْقَدْرAl-QadrO fado98ٱلْبَيِّنَةAl-BaiyinaA proba99ٱلزَّلْزَلَةAz-ZalzalazhO sismo100ٱلْعَادِيَاتAl-'ÁadiyatO cabalo de batalla101ٱلْقَارِعَةAl-Qârì'aA calamidade102ٱلتَّكَاثُرAt-TakâthurA rivalidade103ٱلْعَصْرAl-'AsrO serán104ٱلْهُمَزَةAl-HumazaO difamador105ٱلْفِيلAl-FílO elefante106قُرَيْشQuraishOs quraish107ٱلْمَاعُونAl-Má'ünA axuda108ٱلْكَوْثَرAl-KautharA fartura109ٱلْكَافِرُونAl-KáfirümOs incrédulos110ٱلنَّصْرAn-NasrO auxilio111ٱلْمَسَدAl-MasadA fibra de palma112ٱلْإِخْلَاصAl-IkhlâsPureza da fe113ٱلْفَلَقAl-FalaqO abrente114ٱلنَّاسAn-NásA humanidade Notas
Categoría:Corán