Amanda Spratt, nada en Penrith o 17 de setembro de 1987, é unha ciclista profesional australiana.

Traxectoria

Comezou a competir profesionalmente en 2012 dentro da estrutura do Orica-AIS, na que segue competindo a pesar do cambio de nomenclatura a Mitchelton-Scott. Ten mais de vinte vitorias como profesional, entre as que destacan varios campionatos nacionais de Australia (2007, 2010 e 2020) e vitorias de etapa no Giro Rosa e na Emakumeen-Bira do País Vasco.

Son tamén destacadas as súas actuacións en campionatos do mundo onde foi prata e bronce respectivamente nas edicións de 2018 e 2019.

Notas

Categoría:Ciclistas olímpicos de Australia Categoría:Nados en 1987 Categoría:Nados en Nova Gales do Sur Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2012 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2016 Categoría:Ciclistas nos Xogos Olímpicos de 2020