Luis Miguel Dopico Abelleira, nado en Ferrol, é un expiloto galego de rallys. Foi un dos principais pilotos do Campionato de Galicia de Rally dos anos 90, no que se proclamou campión na tempada 1995.
Traxectoria Iniciouse nos rallys a mediados dos anos 80 conducindo un Seat Panda. Tras un pequeno paréntese reapareceu en 1988 para disputar o Rally Cidade de Cristal cun Peugeot 205 GTI. Con este coche disputou en 1989 o Desafío Peugeot. En 1991 competiu cun Peugeot 309 GTI 16v co que quedou cuarto no Rally da Coruña e subiu ao podio en terceira posición no Rally Mil Vistas. Na tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally adquiriu un Ford Escort RS Cosworth, co que conseguiu dous podios, quedando terceiro no Rally de Ferrol e segundo no Mil Vistas, só por detrás de Germán Castrillón.
Comezou a tempada 1994 logrando a súa primeira vitoria no primeiro rally do ano, o Albariño. A continuación, tras un abandono en Noia sumou unha nova vitoria, no Rally de Ferrol, e en agosto a terceira, gañando o 5º Rally Mil Vistas, liderando deste xeito o campionato. Na segunda parte da tempada quedou cuarto no Rally Rías Baixas e segundo no Lacón e no Botafumeiro, en ambos casos por detrás de Arturo Rial. Con todo, no Rally da Coruña, última proba da tempada, o navarro Javier Azcona conseguiu os puntos necesarios para superalo, polo que Dopico e o seu copiloto Álvaro Louro, remataron como subcampións galegos.
Ao ano seguinte gañou o Rally de Noia e o Rally do Lacón, que sumados a outros cinco podios na tempada déronlle os puntos suficientes para proclamarse campión galego por diante de Germán Castrillón. Non puido revalidar o título ao ano seguinte, nunha tempada na que sufriu varios abandonos. Con todo, gañou o Rally Botafumeiro.
Nos seguintes anos competiu con menos sorte cun Seat Ibiza, tendo como mellores resultados dous terceiros postos nos rallys de Narón e Ferrol de 1998, en ambos casos por detrás de Germán Castrillón e Manolo Senra. No ano 2001 disputou case todas as probas do Campionato de España e rematou segundo na Copa Seat Ibiza, a só un punto do campión, Xavier Ezenarro. Tras varios anos sen competir reapareceu en 2006 no Rally de Ferrol a bordo dun Seat León Cupra, co que rematou 10º. En 2007 quedou quinto nos rallys do Cocido e de Narón, conducindo un Subaru Impreza. Logo, tras uns anos sen correr, disputou algúns rallys do campionato galego en 2010 e 2011, cun Ford Fiesta R2 e acompañado por Diego Ernesto Rumbo como copiloto, mais sen grandes resultados.
Palmarés
Resultados no Campionato de Galicia AnoVehículo1234567891011PosiciónPuntos1991Peugeot 309 GTI 16vSILNOILACOURBOTRBXCOR4VIGSFRRMV3FER1992Peugeot 309 GTIALBNOILACFERRBXCORRetOURRMV1993Ford Escort RS CosworthALBNOILACFER3OURSFRRBXBOTCORRetRMV21994Ford Escort RS CosworthALB1NOIRetFER1OURSFRRMV1NARRetRBX4LAC2BOT2COR2º1995Ford Escort RS CosworthALBNOI1LAC1OUR16BOT2NAR2RBX2SFRRetCOR3FER21º1996Ford Escort RS CosworthALBNOI2LACBOT1NARRetOURRetLALRBXRetPORFERRetCOR1997Seat Ibiza CupraNOIBOTLACNAR7COCALBFER1998Seat Ibiza CupraNOIBOTCOCNAR3ALBFER3LAC1999Seat Ibiza CupraCOCBOTNARRetALB5LUGFER5NOI
Notas
Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Pilotos de rally de Galicia Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes