O Rally Mil Vistas de 1993 foi a cuarta edición de dito rally e a última proba da tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 11 de decembro de 1993 e o vencedor foi Germán Castrillón.
Data e itinerario O rally estaba previsto para o 3 de outubro de 1993, pero dous días antes anunciouse o seu adiamento por problemas burocráticos. Finalmente celebrouse o 11 de decembro, despois do Rally da Coruña, pechando deste xeito a tempada. Constou de 11 treitos, con saída e chegada en Carnota. Estaban programadas dúas pasadas polos treitos de Carnota, O Ézaro-Mazaricos, Dumbría e Vimianzo, e tres polo de Muros, pero o primeiro paso polo Ézaro foi anulado.
Resumo Germán Castrillón e a súa copiloto Estrella Castrillón colocáronse en cabeza no primeiro treito e xa non perderon a posición, marcando o mellor tempo en case todos os tramos da carreira. Manuel Senra ocupou a segunda praza durante gran parte do rally, até que a rotura dun palier do seu Peugeot 309 fíxoo abandonar a falta de catro treitos. Miguel Dopico ascendeu así á segunda posición final, mentres que o terceiro caixón do podio ocupouno o leonés Roberto Méndez. O campión da tempada, Arturo Rial, rematou cuarto, tras un par de saídas da estrada nos últimos quilómetros.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo/diferenza1 Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Escort Cosworth42:162 Miguel Dopico Álvaro LouroFord Escort Coswortha 1:133 Roberto Méndez Fernando dos SantosRenault Clio 16va 2:024 Arturo Rial Juan Carlos AriasCitroën AX Sporta 2:215 Juan Carlos Táboas Luis FernándezCitroën AX Sporta 3:026 Roberto Blach José Antonio GómezPeugeot 309 GTIa 3:137 Jesús Campos Faustino SuárezRenault Clio 16va 4:498 Ricardo Vidal Juan Carlos SoutoPeugeot 309 GTI 16va 5:149 José María Magdaleno Julio GarrigaRenault Clio Williamsa 5:1610 Alberto Tombo Manuel FerreiroRenault Clio 16va 6:1311CoutoGómezRenault 5 GT Turboa 6:1612 José Tojo Lens Rafael FerreñoPeugeot 205 Rallyea 7:0313 Félix García Miguel Ángel GarcíaPeugeot 205 Rallyea 7:1014 Félix Enes José María MagallanesCitroën AX Sporta 7:4015 Pedro Castañón Miguel Ángel VilasCitroën AX Sporta 7:4116 Leandro PuenteC. MairaPeugeot 205 Rallyea 7:4217 Luis Carballido Benito CarballidoCitroën AX GTIa 8:4318 Jesús Seoane Angélica CoucePeugeot 205 Rallyea 8:5119MariñoSilvaOpel Corsa GSIa 13:1520MéndezAmadoPeugeot 205 Rallyea 13:1521 Francisco Javier Pedreira Diego VallejoCitroën AX GTa 14:12Abandonos- Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16v-- Óscar OuteiriñoM. FernándezRenault 5 GT Turbo-- Vicente Posada Sergio FreireCitroën AX Sport-- Elías Ares Segundo PampillónCitroën AX GT-
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Clasificación final do rally en ewrc-results.com .
Categoría:Rally Mil Vistas Categoría:Tempada 1993 do Campionato de Galicia de Rally