miniatura| Selo de Henrique I de Champaña. miniatura| Recreación do selo de Henrique I de Champaña. miniatura| Recreación do escudo de Henrique I de Champaña. Henrique I de Champaña, finado o 17 de marzo de 1181, coñecido como o liberal, foi conde de Champaña (1152 - 1181). Traxectoria Orixes familiares Era o fillo máis vello do conde Teobaldo II de Champaña (tamén chamado Teobaldo IV de Blois) e Matilda de Carintia.

Matrimonio e descendencia En 1164 casou con María de Francia e de Aquitania, filla de Lois VII de Francia e de Aliénor de Aquitania. Tiveron catro fillos:

Escolástica de Champaña (falecida en 1219), casou con Guillerme IV de Mâcon. Henrique II de Champaña (1166-1197). María de Champaña (falecida en 1204), casou co emperador Balduíno I de Constantinopla. Teobaldo III de Champaña (1179-1201).

Segunda Cruzada Henrique participou na Segunda Cruzada baixo a dirección de Lois VII de Francia. Levaba unha carta de recomendación de Bernaldo de Claraval dirixida a Manuel I Comneno, emperador bizantino, que figura entre os notables presentes na asemblea celebrada por Balduíno III de Xerusalén en Acre o 24 de xuño de 1148.

Champaña Á morte do seu pai, Henrique optou por tomar só a Champaña, deixando aos seus irmáns máis novos as outras posesións da familia (incluídas Blois, Chartres, Sancerre e Châteaudun). No momento parecía sorprendente, xa que os demais territorios eran máis ricos e desenvolvidos, pero Henrique debeu prever as posibilidades de Champaña e durante o seu goberno o condado converteuse nun dos máis ricos e poderosos dos principados franceses. Henrique estableceu a orde no goberno sobre os baróns de Champaña, e puido contar coa lealdade de 2.000 vasalos, feito que o converteu nun dos señores feudais máis poderosos de Francia. Logrou esta orde e poder convertendo a Champaña nun lugar seguro para reunir os comerciantes e baixo a súa protección creáronse as feiras de Champaña, convertendo este territorio nunha das prazas para o comercio de longa distancia e das finanzas máis importantes da Idade Media en Europa. A capital de Champaña en Troyes converteuse tamén nun recoñecido centro literario.

En Xerusalén, captura e morte En 1179 Henrique volveu a Xerusalén cun grupo de cabaleiros franceses, incluíndo os seus parentes Pedro de Courtenay -irmán de Lois VII- e Filipe de Dreux, bispo de Beauvais. Henrique volveu a Europa por vía terrestre a través de Asia Menor, pero foi capturado e mantido como refén por Kilidj Arslan II, o sultán dos selxúcidas de Rüm. O emperador bizantino pagou o rescate e Henrique foi liberado, pero morreu ao pouco tempo. Foi sucedido polo seu fillo máis vello Henrique II de Champaña.

Véxase tamén

Categoría:Condes de Champaña Categoría:Nados en 1127 Categoría:Finados en 1181