Que veñen os rusos (en ) é unha comedia estadounidense de 1966 dirixida por Norman Jewison en Panavision. Está baseada na novela de Nathaniel Benchley The Off-Islanders, e foi adaptada ao cinema por William Rose.
O filme mostra o caos que segue á chegada do submarino soviético Спрут ("polbo") a unha pequena illa de Nova Inglaterra durante a guerra fría. O filme está protagonizado por Carl Reiner, Eva Marie Saint, Alan Arkin no seu primeiro papel importante, Brian Keith, Theodore Bikel, Jonathan Winters e Paul Ford.
Foi estreado en galego pola Televisión de Galicia o 23 de novembro de 2001.Programación de televisión
Argumento Un submarino da mariña soviética chamado Спрут achégase demasiado á costa de Nova Inglaterra unha mañá de setembro cando o seu capitán (Theodore Bikel) quere botar un ollo aos Estados Unidos e embarranca nun banco de area preto da ficticia illa de Gloucester, en Massachusetts, cunha importante poboación de turistas no verán, pero agora reducida a douscentos habitantes. En vez de pedir axuda por radio e arriscarse a un vergoñento incidente internacional, o capitán envía unha partida de sete homes liderada polo seu zampolit o tenente Yuri Rozanov (Alan Arkin), para que atope un motor que axude a liberar o submarino. Os homes chegan á casa de Walt Whittaker (Carl Reiner), dramaturgo neoiorquino de vacacións.
Personaxes
Alan Arkin como Tte. Yuri Rozanov Carl Reiner como Walt Whittaker Eva Marie Saint como Elspeth Whittaker Brian Keith como Police Chief Link Mattocks Jonathan Winters como Officer Norman Jonas Paul Ford como Fendall Hawkins Theodore Bikel como The Russian Captain Tessie O'Shea como Alice Foss (telephone operator) John Phillip Law como Alexei Kolchin Ben Blue como Luther Grilk (town drunk) Don Keefer como Irving Christiansen Andrea Dromm como Alison Palmer Sheldon Collins como Pete Whittaker Guy Raymond como Lester Tilly Cliff Norton como Charlie Hinkson Michael J. Pollard como Stanley, the airplane mechanic Richard Schaal como Oscar Maxwell Milos Milos como Lysenko Cindy Putnam como Annie Whittaker Johnny Whitaker como Jerry Maxwell
Produción miniatura|267px|Vista aérea de Noyo Harbor en California, onde se rodou parte do filme miniatura|267px|F-101B Voodoo do 84th Fighter-Interceptor Squadron Aínda que o filme está ambientado na ficticia illa de Gloucester na costa de Massachusetts, foi rodado na costa norte de California, principalmente en Mendocino. As escenas do porto foron filmadas en Noyo Harbor en Fort Bragg, California, unhas sete millas ao norte de Mendocino. A causa da rodaxe na costa oeste, as escenas do amencer do comezo do filme foron rodadas realmente ao solpor empregando un filtro rosa.
O submarino empregado era falso. A mariña estadounidense rexeitou emprestar un para a produción e prohibiu que o estudio trouxese un submarino ruso real. A Mirisch Company alugou unha maqueta dun submarino que xa fora usada no filme de 1965 Morituri.Mirisch, Walter I Thought We Were Making Movies, Not History Univ of Wisconsin Press, 10 de abril de 2008, pp. 241-242
Os avións eran F-101 Voodoo reais do 84th Fighter-Interceptor Squadron, da próxima Hamilton Air Force Base.
Recepción O filme foi un éxito de crítica e público. Segundo Norman Jewison, o filme (estreado en plena guerra fría) tivo un impacto considerable tanto en Washington como en Moscova. Foi un dos poucos filmes estadounidenses da época en que aparecía unha visión positiva dos rusos. O senador Ernest Gruening menciounou o filme nun discurso no Congreso, e proxectouse unha copia do filme no Kremlin. Segundo Jewison, cando se presentou na unión de escritores cinematográficos soviéticos, Sergei Bondarchuk rompeu a chorar."The Russians Are Coming to Hollywood", (DVD featurette), 2002.
Notas
Categoría:Filmes de 1966 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Norman Jewison Categoría:Filmes ambientados nos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes ambientados en Massachusetts Categoría:Filmes sobre a Guerra Fría Categoría:Filmes de United Artists Categoría:Filmes de 1966 con versión en galego