miniatura|256px|Un dos satélites Himawari. Himawari, coñecidos tamén como Geostationary Meteorological Satellite (GMS), é unha serie de satélites meteorolóxicos xaponeses en órbita xoestacionaria. A súa misión é mellorar os servizos de predición meteorolóxicos do Xapón. O primeiro Himawari foi lanzado en 1977. Os sucesivos foron ampliando e mellorando ao orixinal. Todos os Himawari foron postos en órbita nunha lonxitude de 140 graos.
Himawari 1 Himawari 1 foi construído por Hughes Space and Communications Company para Xapón como subcontrata de NEC e foi lanzado o 14 de xullo de 1977 mediante un foguete Delta 2914 desde Cabo Cañaveral. Himawari 1 foi posto en órbita sobre a zona de Asia-Pacífico, observando unha zona que abarcaba desde Australia ata o norte da China, incluíndo o Xapón, Indonesia, Corea, Laos, Mongolia, Nova Zelandia, Filipinas, Taiwán e Vietnam. O satélite usaba o bus Star-27, estabilizábase mediante xiro a 100 r.p.m. e o seu principal instrumento do satélite era o radiómetro VISSR (Visible and Infrared Spin Scan Radiometer), capaz de observar en lonxitudes de onda do visible e o infravermello. As antenas do satélite non xiraban co resto e apuntaban continuamente cara a Terra.
Himawari 2, 3, 4 e 5 Os sucesivos Himawari ata a quinta unidade tamén foron construídos por Hughes. Foron lanzados entre 1981 e 1995 polos foguetes N-2, H-I e H-II, todos desde o Centro Espacial de Tanegashima. Ao igual que Himawarei 1, estabilizábanse mediante xiro a 100 r.p.m. e usaban o bus Star-27. O seu instrumento principal era o VISSR. Os Himawarei 2 a 4 levaban a bordo tamén un monitor da contorna espacial usado para estudar as partículas emitidos polo Sol e a súa influencia nos sistemas de comunicación por satélite. O VISSR de Himawari 5 podía observar en tres canais de infravermello, a diferenza do único dos seus predecesores.
Himawari 6 Himawari 6, tamén denominado MTSat 1R (Multifunctional Transport Satellite 1R), rompeu coas anteriores versións da familia. Xa non era un satélite estabilizado mediante xiro, estabilizábase nos tres eixos e foi construído por Space Systems Loral usando o bus SSL-1300. Himawari 6 proporcionaba, ademais de servizos meteorolóxicos, funcións de control e navegación aérea. Cunha masa de 2900 kg, foi lanzado o 26 de febreiro de 2005 mediante un foguete H-IIA para substituír o MTSat 1, destruído durante o seu lanzamento o 15 de novembro de 1999. Himawari 6 foi retirado en 2015 e situado nunha órbita cemiterio.
Himawari 7 Himawari 7 ou MTSat 2, ao igual que o 6, está adicado tanto á meteoroloxía como a servizos de control aéreo. Foi construído por Mitsubishi Electric e Boeing usando o bus DS-2000. Ten unha masa de 4650 kg e estabilízase nos tres eixos. Leva instrumentos para observar en cinco canais entre o visible e o infravermello, con resolucións de entre 1,25 e 5,0 km.
Himawari 8 e 9 Himawari 8 e 9 tamén usan o bus DS-2000 e foron construídos por Mitsubishi Electric e Boeing para substituír a Himawari 6 e 7. O instrumento principal de ambos satélites é o AHI, Advanced Himawari Imager, capaz de observar en 16 canais entre o visible e o infravermello, cunha resolución espacial de entre 0,5 e 2,0 km. A bordo leva temán o conxunto de instrumentos SEDA (Space Environment Data Acquisition Monitor) para medir a radiación na órbita xeoestacionaria. Foron lanzados en 2014 e 2016 mediante foguetes H-IIA.
Historial de lanzamentos
Misión Data de lanzamento Foguete lanzador NotasHimawari 114 de xullo de 1977Delta 2914ÉxitoHimawari 210 de agosto de 1981N-2ÉxitoHimawari 32 de agosto de 1984N-2ÉxitoHimawari 45 de setembro de 1989H-IÉxitoHimawari 518 de marzo de 1995H-IIÉxitoMTSat 115 de novembro de 1999H-IIFalloHimawari 626 de febreiro de 2005H-IIAÉxitoHimawari 718 de febreiro de 2006H-IIAÉxitoHimawari 87 de outubro de 2014H-IIAÉxitoHimawari 92 de novembro de 2016H-IIAÉxito
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Delta 2914 N-2 H-I H-II H-IIA
Categoría:Satélites artificiais