Sara Casasnovas Pumar, nada en Ourense o 10 de xaneiro de 1984, é unha actriz e directora galega.

Biografía Formouse como actriz na Escola de Arte Dramática Casa Hamlet, da Coruña, e na Sala Cuarta Pared, de Madrid. Asistiu a cursos de cabaré, voz, expresión corporal ou danza clásica entre outros.

Comezou a súa carreira participando en distintas series, coma Miña sogra e máis eu ou Maridos e mulleres, e curtametraxes de ámbito galego para máis tarde dar o salto a nivel estatal, onde destacou en primeiro lugar pola súa participación na serie El Comisario no papel de Natalia. Máis tarde, converteuse na protagonista de Amar en tiempos revueltos (TVE, 2007-2009) como Alicia, e en (2009) participou na serie Hospital Central, interpretando o papel da médico residente Jose.

No cinema, o seu traballo máis relevante foi o filme Días azuis, de Miguel Santesmases.

En xuño de 2009 foi atacada por un fan que tentou dispararlle cunha bésta á saída do teatro onde interpretaba a obra La noche de la iguana, desagradable incidente que quedou nun susto.

Intérprete Televisión A miña sogra e mais eu (2004, TVG). Como Carol. A Atlántida (2005, Telefilme) As leis de Celavella (2005, TVG). A vida por diante (2005, TVG). Maridos e mulleres (2006, TVG). Como Celia. El Comisario (2006, Telecinco). Como Natalia. SMS (2007). Como Sara. Amar en tiempos revueltos (2007-2008, TVE). Como Alicia Peña. Hospital Central (2009, Telecinco). Como Jose Velasco. Serramoura (2014, TVG). Como Mónica Triáns. Sin identidad (2015, Antena 3). Como Marta Ibarguren. Centro médico (2017, TVE). Chegar a casa (2021, RTP). Como Lola.

Cinema AM:PM, curtametraxe de Javier Lucas Rodriguez. Te encontré, de Susana Pérez. Por el amor de Dios, de Javier Cea. Retrato - Curtametraxe Promesas Servicio de lavandería Álex y yo (mediametraxe) Días azuis (2006), de Miguel Santesmases. Adiós, muñeca (2009) de Hugo Sanz. Sinbad (2011) de Antón Dobao. Tercer grado (2015), de Geoffrey Cowper. Kiki, el amor se hace (2016), de Paco León. Elisa e Marcela (2019) de Isabel Coixet. Los días que no estuve (2021), de Samuel Rios y Valles. In the Light of the Moon (2021), de Leah Welch.

Teatro Rulfo, polo pequeno ceo da porta. Grupo teatro Hac Luce, 2003. Feeling x feeling, Cabaret e variedades, 2005 Feeverismo. Teatro de rúa e café teatro, 2006 Kiss me once again (2007). Teatro do Noroeste. Romeu e Xulieta (2007). Teatro do Noroeste.

Premios e nomeamentos Premios TP de Oro Ano Categoría Película Resultado 2007 Mellor actriz Amar en tiempos revueltos Finalista

Premios Vieira de Prata Ano Categoría Película Resultado 2008 Mellor actriz revelación Amar en tiempos revueltos Gañadora

Premios Dulcinea Ano Categoría Película Resultado 2008 Mellor actriz revelación Amar en tiempos revueltos Gañadora

Premios FETEGA Ano Categoría Película Resultado 2007 Mellor actriz Romeu e Xulieta Gañadora

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Sara Casasnovas en AVG de Culturagalega.org

Categoría:Actores de Ourense Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Actores de teatro de Galicia Categoría:Actores de televisión de Galicia Categoría:Nados en Ourense Categoría:Actores de Hospital Central Categoría:Nados en 1984 Categoría:Directores de cinema de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes