Antonio Fernández Pombo, nado en Guillén (Becerreá) o 25 de abril de 1942 e finado en Lugo o 18 de xaneiro de 2026, foi un empresario e político galego.

Traxectoria Aos 13 anos foi vivir a Becerreá para aprender o oficio de carpinteiro, e de novo tamén traballou de albanel. Foi capataz nunha empresa da familia Rosón e de 1976 a 1991 tivo a súa propia empresa de construción. Nas primeiras eleccións democráticas foi na candidatura de Coalición Democrática encabezada por Gerardo Pardo de Vera e foi elixido concelleiro. Logo da dimisión de Pardo de Vera, foi elixido alcalde de Becerreá en 1981. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura da Coalición Popular e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Volveu ser elixido alcalde en 1987 por Alianza Popular, 1991 polo Partido Popular e novamente por este partido en 1995, 1999 e 2003. Foi deputado provincial. Finou en Lugo o 18 de xaneiro de 2026. Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Becerreá

Ligazóns externas «Para min a lealdade é o máis grande que pode haber no mundo enteiro»

Categoría:Alcaldes de Becerreá Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia por AP Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Deputados provinciais de Lugo Categoría:Nados en Becerreá Categoría:Nados en 1942 Categoría:Finados en 2026 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Carpinteiros