Rafael García Sousa, nado na Coruña en 1905 e finado en marzo de 1978, foi un político, obreiro e militar galego.
Traxectoria Afiliouse ao Partido Comunista de España en 1935. Tras o estalido da guerra civil uniuse ás milicias populares, integrándose posteriormente na estrutura do Exército Popular da República, onde alcanzou o rango de maior de milicias. Cara ao final da contenda, durante a retirada de Cataluña, asumiu o mando da 139ª Brigada Mixta.
Exiliouse na Unión Soviética xunto a outros militares e políticos comunistas. Unha vez instalado alí, traballou como obreiro en Kolomná, Kírov e Moscova. Durante a segunda guerra mundial alistouse como voluntario no Exército Vermello. Con posterioridade foi tradutor español-ruso en Cuba. Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados na Coruña Categoría:Políticos do PCE Categoría:Militares galegos do Exército Vermello Categoría:Nados en 1905 Categoría:Finados en 1978 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes