Miryang (en ) é un filme surcoreano de 2007 dirixido por Lee Chang-dong. O guión baséase na curta de ficción "The Story of a Bug" de Lee Cheong-jun que se centra nunha muller que loita coas cuestións da dor, a loucura e a fe. O título coreano fai referencia á cidade onde se ambienta e se rodou o filme. Pola súa interpretación no filme, Jeon Do-yeon gañou o Premio á mellor actriz no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2007. O filme tamén gañou o premio ó mellor filme nos Premios Asian Film e nos Premios Asia Pacific Screen. Foi escollido como candidato de Corea do Sur para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 80ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado. O filme vendeu 1 710 364 entradas nos cinemas de Corea do Sur."Theatrical Releases in 2007: Box-Office Admission Results". Koreanfilm.org. Consultado o 4 de xuño de 2012.
Personaxes Jeon Do-yeon como Lee Shin-ae Song Kang-ho como Kim Jong-chan Jo Young-jin como Park Do-seop Kim Young-jae como Lee Min-ki Song Mi-rim como Jeong-ah Seon Jeong-yeop Kim Mi-hyang Lee Yoon-hee Kim Jong-su Kim Mi-kyung Yeom Hye-ran
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Corea do Sur propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 80ª edición dos Óscar
Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en Metacritic Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua coreana Categoría:Filmes de Corea do Sur Categoría:Filmes dirixidos por Lee Chang-dong Categoría:Filmes ambientados en Corea do Sur