A tempada 1991 foi a 13ª edición do Campionato de Galicia de Rally. O vencedor foi o noiés Arturo Rial, sobre un Citroën AX Sport. Foi o segundo dos tres títulos que gañou.
Calendario NºDataRallyNotas16 de abril7º Rally do SilResultados227 de abril8º Rally de NoiaResultados318 de maio25º Rally do LacónResultados416 de xuño24º Rally de OurenseResultados56 de xullo6º Rally BotafumeiroResultados628 de xullo27º Rally Rías BaixasResultados725 de agosto9º Rally da CoruñaResultados815 de setembro4º Rally de VigoResultados96 de outubro13º Rally San FroilánResultados102 de novembro2º Rally Mil VistasResultados1130 de novembro22º Rally de FerrolResultados
Resumo Tras a vitoria de "Culebra" no Rally do Sil, que abría a tempada, Germán Castrillón dominou con comoididade en Noia e no Rally do Lacón, mentres que quedou sexto en Ourense, proba puntuable tamén para o Campionato de España. Con todo, a súa boa xeira de resultados cortouse na quinta proba, o Rally Botafumeiro, onde abandonou tras unha saída da estrada no último treito cando estaba líder, e estragouse completamente no seguinte rally, o Rías Baixas, no que sufriu un duro accidente, tras o que o seu Ford Sierra Cosworth comezou a arder quedando totalmente calcinado. A copiloto Estrella Castrillón sufriu queimaduras de segundo e terceiro grao, sendo ingresada no hospital e perdéndose case todas as restantes carreiras, nas que foi substituída polo seu sobriño José Manuel López Castrillón.
Deste xeito, Arturo Rial, que gañou o Rally Botafumeiro e quedou segundo en Noia e no San Froilán, chegou á penúltima proba, o Rally Mil Vistas, co título case no peto, pois só o berciano Antonio Garrido conservaba unhas mínimas posibilidades de quitarlle o título. Dado que este último non participou finalmente no rally, o título foi directamente para Rial, a pesar de acabar co coche no río. O reaparecido Germán Castrillón venceu esa proba así como a última, o Rally de Ferrol, para rematar a tempada con catro vitorias.
Clasificación PosPilotoCopilotoVehículo1SIL2NOI3LAC4OUR5BOT6RBX7COR8VIG9SFR10RMV11FER1 Arturo Rial Mario PazosCitroën AX Sport921317Ret42Ret Germán Castrillón Estrella CastrillónFord Sierra Cosworth116RetRet11 Antonio Garrido Humberto GonzálezFord Sierra Cosworth23Ret223 Juan Carlos González "Culebra" Gustavo PiñeiroBMW M311 Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTI4RetRet2Ret1Peugeot 309 GTI 16vRetRet Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 205 GTI3943 Juan Carlos Táboas Manuel GilsanzCitroën AX Sport758Ret2 Javier Piñeiro Carlos CascallarRenault Clio 16v659252 José María Magdaleno Mario LabrañaLancia Delta Integrale624 Javier Paz Manuel GarcíaCitroën AX Sport364 Jorge Pérez Luis PérezRenault Clio 16v834 Miguel Dopico Álvaro LouroPeugeot 309 GTI 16v43 Urbano Villanueva José AlonsoPeugeot 205 GTI3 José Manuel López Parada José ValcárcelRenault 5 GT Turbo54
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Sitio web da FGA