A acetona ou propanona (CH3(CO)CH3) é un líquido incoloro e volátil, de cheiro forte e sabor parecido á menta. É unha cetona que se obtén comercialmente por condensación de benceno co propeno. Disolve as graxas, as resinas, o alcanfor e certos gases. Emprégase na fabricación do cloroformo, da pólvora sen fume, películas, fío, esmalte para unllas, drogas e vernices. Estado no ambiente Atópase en forma natural nas plantas, nos árbores e nas emisións dos gases volcánicos ou dos incendios forestais, e como produto de degradación das graxas corporais, así mesmo está presente nos ouriños dos diabéticos, nas perturbacións hepáticas dos nenos e nos casos de inanición. Tamén se atopa presente nos gases de tubos de escape dos automóbiles, no fume do tabaco e en vertedoiros. Os procesos industriais aportan unha maior cantidade de acetona ao medio ambiente que os procesos naturais.
Notas
Categoría:Substancias químicas Categoría:Cetonas