Ángel Jesús Caamaño Villaverde, nado en Parada (Ordes) cara a 1910 e finado en Santiago de Compostela o 8 de febreiro de 1937, foi un mestre e político galego.

Traxectoria Mestre en Toba. No verán de 1936 estaba de vacacións na súa parroquia natal. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido en Ordes o 29 de xullo. Xulgado en Santiago de Compostela por traizón na causa 230/36 con outros 19 veciños de Ordes o 22 de decembro,El Eco de Santiago, 22-12-1936, p. 2. foi condenado a pena de morte. Cando con outros dez condenados a morte estaba a ser transportado para a súa execución, conseguiu soltarse do compañeiro ao que estaba esposado e emprendeu a fuxida pola rúa do Franco, pero foi abatido polos soldados que o custodiaban. miniatura|Placa conmemorativa do concello de Ordes no cemiterio de Boisaca en memoria dos fusilados.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Fallecidos por la represión franquista inscriptos en el Registro civil de Santiago

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Ordes Categoría:Nados en 1910 Categoría:Finados en 1937 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos