O Rally de Vigo de 1990 foi a terceira edición de dito rally e a primeira proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse en Vigo o 31 de marzo de 1990 e o vencedor foi Jorge Pérez, a bordo dun Renault 5 GT Turbo.

Itinerario Constou de catro treitos a catro pasadas por cada un deles. Incluíuse como novidade un treito inicial en Praia América, cuxo percorrido sorpresa non foi publicado ata pouco antes da carreira, para que non se puidese adestrar nel. Os outros tres treitos foron os habituais dos anos anteriores: Vilaza, Camos e Chenlo. En total percorréronse 220 quilómetros, dos cales 53 foron cronometrados.

Resumo Coa ausencia do campión do ano pasado, Carlos Piñeiro, o favorito para a vitoria era Arturo Rial. Con todo, o piloto de Noia tivo que abandonar por mor dos múltiples problemas que estaba tendo co cambio do seu Citroën AX Sport. Isto foi aproveitado por Jorge Pérez e Luis Pérez, sobre un Renault 5 GT Turbo, para lograren a vitoria, primeira e única na súa traxectoria no campionato galego. En segunda posición quedou o equipo ourensán formado por Alfonso Pavón e Guillermo Díez, a bordo doutro Renault 5 GT Turbo. En terceira posición chegaron Manuel Senra e José Maceiras, que con todo sabían de antemán que o seu resultado non contaba para a clasificación final, pois o Peugeot 309 GTI 16v que estreaban non estaba homologado. Dese xeito, a terceira posición do podio foi ocupada por Juan Carlos Táboas (Citroën AX Sport).

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículo1 Jorge Pérez Luis PérezRenault 5 GT Turbo2 Alfonso Pavón Guillermo DíezRenault 5 GT Turbo-Chegou á meta en terceira posición, pero o seu coche non estaba homologado polo que o seu tempo non contou na clasificación final Manuel Senra José MaceirasPeugeot 309 GTI 16v3 Juan Carlos TáboasRodríguezCitroën AX Sport4 José Viana Ferreira Luisa SilvaRenault 5 GT Turbo5 José María BangaGarcíaCitroën AX Sport6 Antonio Garrido Fernando LópezFord Sierra CosworthAbandonos- Arturo Rial Mario PazosCitroën AX Sport

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Imaxes do Rally de Vigo de 1990

Categoría:Rally de Vigo Categoría:Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally