O Rally Botafumeiro de 1990 foi a 5ª edición de dito rally e a cuarta proba da tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally. Celebrouse o 1 de xullo de 1990 e o vencedor foi o vascofrancés Marc Etchebers sobre un Ford Sierra Cosworth.

Resumo O equipo formado polo vascofrancés Marc Etchebers e o ferrolán Humberto González gañou con facilidade o rally ao marcar o mellor tempo en todos os treitos cronometrados, excepto nos dous últimos, que foron para Sergio Vallejo e José Manuel López Parada. A segunda praza estivo moito máis disputada e tras o abandono por problemas mecánicos de Manuel Senra, que marcara o segundo mellor tempo no primeiro treito, a loita deuse entre Vallejo, Parada, "Peitos", Antonio Trelles e Antonio Garrido. Ao remate dos seis treitos diúrnos era "Peitos" o que ocupaba a segunda praza, seguido moi de preto polos demais. Con todo, na sección nocturna os irmáns Vallejo rodaron rápido e subiron ata a segunda praza final. "Peitos" quedou finalmente cuarto (e primeiro no Trofeo Citroën), ao verse adiantado ao final tamén polo vigués Trelles, que subiu ao podio en terceira posición e gañou na Copa Renault.

Clasificación PosPilotoCopilotoVehículoTempo1 Marc Etchebers Humberto GonzálezFord Sierra Cosworth57.132 Sergio Vallejo Diego VallejoPeugeot 205 GTI58.383 Antonio Trelles Candú CostasRenault 5 GT Turbo59.004 "Peitos" Francisco Javier SalgueiroCitroën AX Sport59.015 Jorge Pérez Luis PérezRenault 5 GT Turbo59.486 Antonio Garrido López CarbajalFord Sierra Cosworth1:00.077Javier GarcíaEsturaoRenault 5 GT Turbo1:00.308 José M. López Parada José ValcárcelRenault 5 GT Turbo1:01.039 Javier Piñeiro Carlos CascallarPeugeot 205 Rallye1:01.2210 Luis Vázquez MeraSusoRenault 5 GT Turbo1:02.10Abandonos- Manuel Senra José MaceirasPeugeot 205 GTI-- Carlos PiñeiroRenault 5 GT Turbo-- Alberto GonzálezCitroën AX GT-

Notas

Categoría:Rally Botafumeiro Categoría:Tempada 1990 do Campionato de Galicia de Rally