José Eduardo Agualusa Alves da Cunha, nado en Huambo (Angola) o 13 de decembro de 1960, é un xornalista, escritor e editor angolano de ascendencia portuguesa e brasileira.
Traxectoria Nacido en Huambo, na entón África Occidental Portuguesa, é neto materno de Joaquim Fernandes Agualusa, Oficial da Orde Civil do Mérito Agrícola e Industrial Clase Industrial a 13 de maio de 1960.
Estudou agronomía e silvicultura no Instituto Superior de Agronomía da Universidade Técnica de Lisboa. Colaborou co xornal portugués Público desde a súa fundación; na revista do domingo dese diario (Pública) asinaba unha crónica quincenal. Escribiu crónicas para a revista portuguesa LER, para o xornal brasileiro O Globo e para o portal Rede Angola. Na RDP África foi realizador do programa A Hora das Cigarras, sobre música e poesía africana.En 2006 lanzou, xuntamente con Conceição Lopes e Fátima Otero, a editora brasileira Língua Geral, dedicada só a autores de lingua portuguesa. Nunha entrevista, o escritor responde a pregunta, "Quen é o Eduardo Agualusa? "Quen eu son non ocupa moitas palabras: angolano en viaxe, case sen raza. Gústame o mar, o ceo con lume ao fin da tarde. Nacín nas terras altas. Quero morrer en Benguela, como alternativa pode ser Olinda, no Nordeste do Brasil." Preguntado se se divirte escribindo, Agualusa explica: "Escribir divírteme, e escribo tamén, porque quero saber como termina o poema, o conto ou a novela. E tamén porque a escrita transforma o mundo. Ninguén cre nisto e no entanto é verdade."Rozário, Denise. Palavra de Poeta. Rio de Janeiro: Bertrand Brasil, 1999. pp. 362-3.
Beneficiouse de tres bolsas de creación literaria: a primeira, concedida polo Centro Nacional de Cultura en 1997 para escribir Nação Crioula; a segunda en 2000, concedida pola Fundación Oriente, que lle permitiu visitar Goa, India, durante tres meses e tras a cal escribiu Um Estranho em Goa; a terceira en 2001, concedida pola institución alemá Deutscher Akademischer Austauschdienst. Grazas a esta bolsa viviu un ano en Berlín, e foi alí que escribiu O Ano em que Zumbi Tomou o Rio. En 2009, foi convidado pola fundación holandesa Fonds voor de Letteren a pasar dous meses en Ámsesterdm, onde escribiu Barroco Tropical.
Membro da União dos Escritores Angolanos. Os seus libros están traducidos a máis de trinta idiomas.
Obras
Novela
A Conjura (1989). Quetzal Editores. BIS, en 2008. Estação das Chuvas (1996). Quetzal Editores. Nação Crioula: correspondência secreta de Fradique Mendes (1997). Quetzal Editores. Um Estranho em Goa (2000). Quetzal Editores. En 2007, Biblioteca Editores Independentes / Cotovia. O Ano em que Zumbi Tomou o Rio (2001). Quetzal Editores. O Vendedor de Passados (2004). Quetzal Editores. As Mulheres do Meu Pai (2007). Quetzal Editores. Barroco Tropical (2009). Quetzal Editores. En 2011, METAILIE. Milagrário Pessoal (2010). Dom Quixote. Teoria geral do Esquecimento (2012). Quetzal Editores. En 2017, Dom Quixote. A educação sentimental dos pássaros (2012). Quetzal Editores. Dom Quixote, 2011. A vida no céu (2013). Quetzal Editores. A Rainha Ginga (2014). Quetzal Editores. A Sociedade dos Sonhadores Involuntários (2017). Quetzal Editores. Os vivos e os outros (2020). Quetzal Editores. 256 páxs. miniatura|J. E. Agualusa
Narrativa curta
D. Nicolau Água-Rosada e outras estórias verdadeiras e inverosímeis (1990). Vega, en 2000. A feira dos assombrados (1992). Novela curta. Quetzal Editores. En 2010, BIS: A Feira dos Assombrados e outras estórias verdadeiras e inverosímeis. Fronteiras Perdidas, contos para viajar (1999). Quetzal Editores. O Homem que Parecia um Domingo (2002). Dom Quixote. Crónicas e contos. Catálogo de Sombras (2003). Quetzal Editores. Manual Prático de Levitação (2005). GRYPHUS. Passageiros em Trânsito (2006). Quetzal Editores. En 2008, MHIJ - Editores. O filho do vento (2006). Língua Geral. Novela curta. O Livro dos Camaleões (2015). Quetzal Editores. O Terrorista Elegante e Outras Histórias (2019). Quetzal Editores.
Poesía
O coração dos Bosques (1991). União dos Escritores Angolanos.
Lit. infantil
Estranhões e Bizarrocos (2000). Dom Quixote. A girafa que comia estrelas (2005). Dom Quixote. Nweti e o mar: exercícios para sonhar sereias (2011). Dom Quixote. A Rainha dos Estapafúrdios (2012). Dom Quixote.
Crónicas
A Substância do Amor e Outras Crónicas (2000). Quetzal Editores. O lugar do morto (2011). Tinta da China. O Paraíso e Outros Infernos (2018). Quetzal Editores.
Outros
Geração W (2004). Peza de teatro portuguesa. Chovem amores na Rua do Matador (2007). Con Mia Couto, peza estreada en Portugal. Na rota das especiarias. Diário de uma viagem a Flores, Bali, Java e Timor Lorosae (2008). Dom Quixote. Aquela Mulher (São Paulo, Brasil, en 2008 e Río de Xaneiro, Brasil, en 2009). Texto para monólogo teatral estrelado por Marília Gabriela e dirección de Antônio Fagundes. Lisboa Africana(1993). Edições Asa. Reportaxe co xornalista Fernando Semedo e a fotógrafa Elza Rocha. Um Pai em Nascimento (2010). Alfaguara Portugal.
Premios
1989: Premio de Revelación Sonangol, por A Conjura. Grande Premio Literario RTP, por Nação Crioula. 1999: Grande Premio de Conto Camilo Castelo Branco da Asociación Portuguesa de Escritores, por Fronteiras Perdidas. 2002: Grande Premio Gulbenkian de Literatura para Nenos e Mozos, por Estranhões e Bizarrocos 2007: Premio Independente de Ficción Estranxeira, promovido polo diario británico The Independent en colaboración co Consello das Artes do Reino Unido, por O Vendedor de Passados. 2009: Ordem do Mérito Cultural 2013: Premio Fernando Namora. por Teoria Geral do Esquecimento. 2017: Premio Literario Internacional IMPAC de Dublin pola obra Teoría Geral do Esquecimento.
Recepción crítica Pires Laranjeira describe o autor así: "Agualusa alia á súa capacidade de fundamentación histórica a facilidade de fluencia da enunciación, cauterizadas con episodios burlescos, sentimentais e marabillosos."Laranjeira, Pires. De Letra em Riste. Porto: Edições Afrontamentos, 1992. p. 102.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Karimi, Kian-Harald: "Sempre em viagem: nações deslizantes como formas do pensamento no romance ‘Nação Crioula’ de José Eduardo Agualusa." Identidades em Movimento. Construções identitárias na África de língua portuguesa e reflexos no Brasil e em Portugal (Hrsg. Doris Wieser, Enrique Rodrigues-Moura). Frankfurt/Main, TFM (Biblioteca luso-brasileira), 2015, pp. 141-172. ISBN 978-3-939455-12-7 Salgado, Maria Teresa. "José Eduardo Agualusa: Uma ponte entre Angola e o mundo." África & Brasil: letras em laços. Ed. Maria do Carmo Sepúlveda. Rio de Janeiro: Atlântica, 2000. pp. 175–196.
Categoría:Escritores de Angola Categoría:Nados en 1960 Categoría:Escritores en lingua portuguesa