Leoncio Jacinto Caldera Manzano, nado na provincia de Cáceres o 12 de setembro de 1898, foi un mestre e político residente en Galicia.
Traxectoria Estudou Maxisterio na Escola Normal de Salamanca.El Salmantino, 3-6-1914, p. 2. Colaborou en El Adelanto de Salamanca.El Adelanto, 29-1-1926, p. 1.El Adelanto, 9-4-1926, p. 1. Foi mestre en Gata (Cáceres) en 1926. En agosto de 1927 foi destinado a Vilar (Millerada).El Noticiero Gallego, 4-8-1927, p. 2. Fundou en Forcarei a revista literaria Alborear con Virxilio Blanco, da que foi director-administrador. Foi presidente da sociedade agraria de Millerada. Membro da Asociación de Traballadores da Ensinanza de Vigo, foi nomeado delegado da FETE en Forcarei en marzo de 1934.El Noticiero Gallego, 18-3-1934, p. 3.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expedientado entre outras causas porque tralas eleccións de febreiro de 1936 criticou un mestre-cura en Meaño. Depurado, foi sancionado con suspensión de emprego e soldo durante dous meses e traslado de escola dentro da provincia en febreiro de 1938.El Noticiero Gallego, 4-2-1938, p. 3. Como consecuencia foi trasladado á escola de Escuadro en marzo.El Pueblo Gallego, 3-3-1938, p. 6. Solicitada a revisión do seu expediente de depuración resolveuse deixando sen efecto a orde pola que foi sancionado e finalmente só foi inhabilitado para cargos públicos e de confianza.El Pueblo Gallego, 30-7-1942, p. 5. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Forcarei (1936-1977)
Categoría:Profesores de España Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados na provincia de Cáceres Categoría:Finados en 1898