Os supertamarcos ou celtas supertamarcos (en ) eran unha antiga tribo celta de Gallaecia, un pobo galaico lucense que viviu no oeste da actual Galicia, na comarca do Xallas.

Historia Segundo a Naturalis historia de Plinio o Vello, antes da romanización de Galicia a zona da antiga Comarca de Carnota, estaba poboada pola tribo galaica dos supertamarcos (de alén do Tambre), que despois quedaron integrados no conventus lucensis. Esta denominación foi seguida por Tolomeo e Estrabón.

Pomponio Mela foi outro dos autores que no século I describiu a tribo dos supertamarcos no seu De Chorographia:

Estelas funerarias miniatura|Estela de Crecente, onde se menciona o pobo dos supertamarcos. Consérvanse cinco estelas funerarias que conteñen referencias á tribo dos celtas supertamarcos, curiosamente todas elas aparecidas moi lonxe da situación orixinal desta tribo: Estela de Crecente (AE 1976, 286). É unha das estelas funerarias máis singulares das aparecidas en Galicia, polo seu enorme tamaño e por conter unha inscultura da familia da defunta. Procede do lugar de Crecente (San Pedro de Mera, Lugo), e consérvase no Museo Provincial de Lugo.

Estela de Eburia, atopada en Andiñuela de Somoza (León) (AE 1997, 873).

Estela de Fusca, atopada en Astorga (León) (CIL 02, 2902 ; 5667).

Estela de Clarinus, atopada en Astorga (León) (AE 1976, 286).

Estela dun/ha Céltico/a Supertamárico/a, atopada en Astorga (León) (CIL 02, 2904 ; 5081).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de tribos celtas

Categoría:Galaicos Categoría:Pobos prerromanos de Gallaecia