Armando da Silva Carvalho, nado en Olho Marinho, Óbidos, o 28 de marzo de 1938 e finado en Caldas da Rainha o 1 de xuño de 2017, foi un poeta e tradutor portugués.
Traxectoria Licenciado en Dereito, na Universidade de Lisboa, foi avogado, xornalista, profesor do ensino secundario e técnico publicitario. Colaborou na Antologia de Poesia Universitária, en 1959, xuntamente con Ruy Belo, Fiama Hasse Pais Brandão, Luiza Neto Jorge, Gastão Cruz, entre outros, e tamén na Quadrante, revista da Asociación Académica da Facultade de Dereito de Lisboa, iniciada en 1958. Publicou Lírica Consumível en 1965, que marcou o inicio da súa obra poética e que lle valeu o Premio Revelación da Sociedade Portuguesa de Autores. A súa escrita está marcada por un timbre de mordacidade, sarcasmo e figuracións da pulsión sexual.
Sen filiarse en ningunha tendencia contemporánea, mais beneficiándose das súas adquisicións, a poesía de Armando Silva Carvalho xunta rigor prosódico coa expresión crítica e irónica da existencia
Das obras de ficción salienta Portuguex, publicada en 1977. Desde a década de 1960 colaborou en moitos xornais e revistas (Diário de Lisboa, Jornal de Letras, O Diário, Poemas Livres, Colóquio-Letras, Hífen, As Escadas Não Têm Degraus, Sílex, Nova, Via Latina, Loreto 13, entre outras). Foi incluído na IV Líricas Portuguesas, en 1969, antoloxía poética organizada por António Ramos Rosa e desde entón ten estado representado na xeneralidade das antoloxías de poesía portuguesa.
Morreu o 1 de xuño de 2017, no Montepio Raíña D. Leonor, nas Caldas da Ranha, aos 79 anos de idade, vítima de cancro.
Traduciu obras de Margueritte Duras, Samuel Becket, Jean Genet etc. Está traducido en castelán, ruso, francés, inglés, sueco, letón, alemán, italiano e neerlandés.
Obras
Poesía
Lírica Consumível (1965). O Comércio dos Nervos (1968). Os Ovos de Oiro (1969). O Peso das Fronteiras (1972). Antologia Poética (1976). Armas Brancas (1977). Eu era desta Areia (1977). Técnicas de Engate (1979). Sentimento de Um Ocidental (1981). O Livro de Alexandre Bissexto (1983). Presença. Canis Dei (1995). O Cão de Deus (1995). Relógio D'Água. Obra Poética (1965-1995) (1998). Porto, Afrontamento Lisboas (2000). Três Vezes Deus (2001). Con Ana Marques Gastão e António Rego Chaves. O Amante Japonês (2008). Assírio & Alvim Anthero, Areia & Água (2000). Assírio & Alvim. Sol a Sol (2005). Assírio & Alvim. O Que Foi Passado a limpo (2007). Assírio & Alvim. De Amore (2012). Assírio & Alvim. A sombra do mar (2016). Assírio & Alvim.
Prosa
O Alicate – Textos Fisiológicos (1972). O Uso e o Abuso (1976). Portuguex (1977). Novela. Donamorta (1984). Novela. A Vingança de Maria de Noronha (1988). Vega. Novela. Em Nome da Mãe (1994). Porto, Afrontamento. Novela. O Homem que sabia a Mar (2001). Dom Quixote. O Menino ao Colo. Momentos, Falas, Lugares do Sublime Santo António (2003). Assírio & Alvim. Elena e as Mãos dos Homens (2004). Assírio & Alvim. O Livro do Meio (2006). Con Maria Velho da Costa. Caminho.
Teatro Auto do Branco de Neve (2007). En Panos 2007. Culturgest.
Premios
1965: Premio de Revelação da APE, por Lírica Consumível. 1996: Premio PEN Clube Portugués de Poesía. 2000: Premio Luís Miguel Nava, por Lisboas. 2001: Premio Fernando Namora, por O Homem que sabia a Mar. 2008: Grande Premio de Poesía APE/CTT, por O Amante Japonês. 2014: Grande Premio de Literatura dst, por De Amore. 2016: Premio Autores, por A sombra do mar. 2016: Premio PEN Clube Portugués de Poesía, por A sombra do mar. 2016: Premio Literario Fundação Inês de Castro, por A sombra do mar. 2017: Premio Literario Casino da Póvoa, por A sombra do mar.
Notas
Categoría:Tradutores ao portugués Categoría:Tradutores de Portugal Categoría:Poetas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Finados en 2017 Categoría:Nados en 1938